Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Venres, 06 de outubro de 1995 Páx. 7.471

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (248/1993).

En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria deste xulgado, fago constar que, con data de 3 de febreiro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido neste xulgado con referencia nº 248/1993, no que actuaron como partes, dun lado o Ministerio Fiscal en representación da acción pública; doutro, como denunciantes, Julio Latorre de la Fuente e Ángel Estévez Fontes, como denunciada, María José Prieto Domínguez, como responsable civil directo, o Consorcio de Compensación de Seguros, como responsable civil subsidiario o organismo autónomo Correos y Telégrafos, que ten a parte dispositiva seguinte:

«Que debo absolver e absolvo a María José Prieto Domínguez e ó resto de responsables civís da falta que se lles imputa, con declaración das custas de oficio».

E así o fago constar e emito a presente cédula para a súa notificación á denunciada, que se fará mediante inserción desta cédula no Diario Oficial de Galicia, e instrúoa de que contra a sentencia cabe interpor

recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días perante este xulgado consonte ó disposto nos artigos 976, 795 e 796 LACR.

Rubricado

95-6219