Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1995, da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental, pola que se incoa expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica a favor do xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño, sito no concello do Porriño (Pontevedra).

Vistos os informes dos servicios técnicos desta dirección xeral e dos órganos consultivos favorables á incoación de expediente como ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica a favor do xacemento paleolítico das Gándaras de Budiño sito no Concello de Porriño (Pontevedra), e de conformidade cos artigos 6 a) e 9.2º da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español; artigo 11.2º do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, que desenvolve parcialmente a antedita lei; e de conformidade co artigo 7 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, polo que se regula a tramitación para a declaración de bens de interese cultural de Galicia. Esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Incoar expediente de declaración de ben de interese cultural con categoría de zona arqueolóxica do xacemento paleolítico das Gándaras sito no concello do Porriño (Pontevedra). De acordo coa Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

A delimitación do seu contorno figura no plano do anexo I, sendo a descrición a do anexo II.

Segundo.-Segui-la tramitación do expediente segundo as disposicións vixentes.

Terceiro.-Dar traslado da resolución ó alcalde do Concello do Porriño (Pontevedra) notificarlle que o outorgamento das novas licencias de obras, e a execución das xa outorgadas antes de incoarse o expediente, precisarán resolución favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental.

Cuarto.-De acordo co disposto no artigo 12.2º do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da Lei 16/1985, do patrimonio histórico español, notificaráselle a resolución os propietarios dos predios e ó Rexistro de Bens de Interese Cultural do Ministerio de Cultura, e de acordo co artigo 7 b) do Decreto 430/1991, notificarase ademais ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.

Quinto.-Que a presente resolución sexa publicada no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, abríndose un período de información de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 1995.

Ángel Sicart Giménez

Director xeral do Patrimonio Histórico e Documental

ANEXO II

XACEMENTO PALEOLÍTICO DAS GÁNDARAS DE BUDIÑO-O PORRIÑO (PONTEVEDRA)

Delimitación

Puntos de

referencia

COOR. U.T.M.: XCOOR. U.T.M.: Y

Punto 1531.5104.662.074
Punto 2531.5664.662.074
Punto 3531.5664.661.949
Punto 4531.5184.661.976
Punto 5531.5164.661.960
Punto 6531.6084.661.933
Punto 7531.6124.661.856
Punto 8531.5244.661.836

95-06174