Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Mércores, 04 de outubro de 1995 Páx. 7.398

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 2441 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en r/ Sáenz Díez, 95, Ourense, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu atorizar Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liñas de media tensión a 20 kV, con orixe no apoio final da L.M.T. a C.T. Santa Xuliana do Monte e apoio nº 32 da mesma, e remate no C.T. de Recesende e de Empalme, cunha lonxitude de 975 metros, con conductor LA-56/54,6, en apoios de formigón. Dous centros de transformación cunha potencia de 100 a 50 kVA 20.000/380-220 V, tipo intemperie. As liñas de baixa tensión terán executadas con conductores R.Z.-95-50-25, sobre apoios de formigón ou grampados sobre fachadas, cunha lonxitude de 2.150 metros, para mellora do servicio eléctrico en Monte, Outeiro e Santa Xuliana, no concello de Castroverde.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 21 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-6250