Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4342 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Saénz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: nellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: L.M.T. a C.T. de Pionerdo, apoio nº 7.

Final: Cts. Mazo e Castelo.

Situación do transformador:

Características: liñas de media tensión a 20 kV, con unha lonxitude de 3.356 metros, con conductores LA-56/54,6 mm Al, con apoios de formigón, para mellora do servicio eléctrico na zona de Mazo e Castelo, no concello de Cervantes.

Orzamento: 10.001.643 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05843