Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Martes, 03 de outubro de 1995 Páx. 7.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de xullo 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4341 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, ábrese información pública sobre a seguinte instalación eléctrica:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. r/ Saénz Díez, 95, Ourense.

Finalidade: mellora do servicio eléctrico na zona.

Orixe da liña: no apoio metálico L.M.T. Triacastela-Sarria.

Final: C.T. Ferreira-Foxos.

Situación do transformador: Ferreira-Foxos.

Características: liñas de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 277 metros. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA, 20.000/400-231 V. Rede de baixa tensión en conductor R.Z.-3x95/54,6; 3x50/54,6; 2x25, de 293 metros de lonxitude, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Ferreira-Foxos, no concello de Samos.

Orzamento: 3.675.760 pesetas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-los seus escritos, por triplicado, con cantas alegacións coiden oportunas, nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, no prazo de 30 días contados a partir do da publicación desta resolución.

Lugo, 18 de xullo de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-05840