Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA de notificación do 5 de setembro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución en expedientes sancionadores (C-0491/1995 e C-0629/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro de 1992), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan, proposta de resolución en expedientes sancionadores instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG número 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (Praza de España, 2-2º), e presentar ante a dita delegación as alegacións que estimen pertinentes, conforme o

disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº expediente: C-0491/1995.

Denunciado: José Manuel Díaz Ponce.

Domicilio: Fontemoura, 93-95-2º, Ferrol (A Coruña).

Nº expediente: C-0629/1995.

Denunciado: David Martíns Varela.

Domicilio: Abeleira, 14-S. Juan de Piñeiro, Mugardos (A Coruña).

A Coruña, 5 de setembro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado Territorial da Coruña