Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.361

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se convoca concurso aberto para realizar traballos específicos e concretos non habituais da Administración en materia informática.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de concurso aberto:

Obxecto: contratación dun técnico informático para o desenvolvemento e mantemento de aplicacións informáticas en contorno local e mantemento das redes de área local da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Orzamento de licitación: catro millóns duascentas setenta e catro mil cincocentas cincuenta pesetas (4.274.550 ptas.).

Exposición do proxecto e pregos: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas estarán á disposición dos interesados en días e horas de oficina no Servicio de Contratación da Secretaría Xeral da consellería, en San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

Presentación e apertura de proposicións: as solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou en calquera das vías admitidas na lexislación vixente, antes das 14 horas do día 30 de outubro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar en acto público nos locais da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ás 13 horas do día 31 de outubro de 1995.

Gastos de publicación: o importe do presente anuncio correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes