Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1995, da Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente, pola que se somete a información pública o proxecto de reparación e modernización da central hidroeléctrica de San Bartolomeu, no río San Bartolomeu, sita en Queixeiro, municipio de Monfero (A Coruña) e promovido por Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

O artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), dispón que o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, durante

quince días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter a información pública, no prazo de quince días hábiles, contando a partir da publicación da presente resolución, o estudio de efectos ambientais do proxecto de reparación e modernización da central hidroeléctrica de San Bartolomeu, no río San Bartolomeu, sita en Queixeiro, municipio de Monfero (A Coruña) e promovido por Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

-Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

-Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Comisión Provincial de Medio Ambiente) da provincia da Coruña.

-Concello de Monfero.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o dito prazo de quince días.

Cuarto.-Unha vez rematado o mencionado prazo, remitirase o expediente coas correspondentes alegacións á Secretaría Xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1995.

Jose Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Comisión Galega do Medio Ambiente