Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.359

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995 pola que se convoca a libre designación entre funcionarios de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de Administración e Servicios desta universidade.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo a esta resolución e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade con previsto no artigo 6 da Lei 3/1995, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, resolve convoca-la libre designación entre funcionarios os anteditos postos, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria.

1. Requisitos dos candidatos.

Poderán concursa-los funcionarios que pertenzan ós grupos de titulación esixidos para o posto convocado.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, sendo o prazo de presentación de 15 días hábiles a partir da data de publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela, no rexistro do Campus de Lugo, ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en claquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. Méritos.

Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vitae, e xustificar debidamente os méritos que alegue.

4. Adxudicación de postos: no caso de resultar seleccionado para ocupa-los postos de traballo relacionados no anexo, algún funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ó que figure adscrito.

5. Norma derradeira: a presente convocatoria e as súas bases, así como cantos actos administrativos se deriven desta, poderán ser recorridos polos interesados, de conformidade co establecido na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

* 1 posto de Secretaría de dirección para o Vicerrectorado de Ordenación Académica e Titulacións da Universidade de Santiago de Compostela.

Nivel 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 506.772 ptas.

* 1 posto de Secretaría de dirección para o Vicerrectorado de Estudiantes da Universidade de Santiago de Compostela.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Complemento específico: 506.772 ptas.