Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Luns, 02 de outubro de 1995 Páx. 7.333

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 252/1995, do 7 de setembro, sobre medidas para instrumenta-la compensación económica da Comunidade Autónoma de Galicia á asistencia xúridica gratuíta.

De acordo co disposto no Art. 20.1º do Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, correspóndelle a esta comunidade exercer tódalas facultades que as leis orgánicas do poder xudicial e do Consello Xeral do Poder Xudicial lle recoñezan ou atribúan ó Goberno do Estado en materia de administración de xustiza en Galicia. O Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, transfírelle á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da administración de xustiza. Por medio do decreto da Xunta de Galicia 394/1994, do 29 de decembro, asúmense as ditas funcións e asígnanselle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Con base no antérior, a Xunta de Calicia considerou oportuno establecer un marco normativo adecuado ás peculiaridades da nosa comunidade, para regula-lo procedemento de compensación económica das actuacións profesionais correspondentes á defensa e representación de oficio e á asistencia letrada ó detido ou preso en centros de detención e xulgados da Comunidade Autónoma de Galicia, actuacións estas que asume a avogacía, de acordo co previsto nos artigos 57 a 60 do Real decreto 2090/1982, do 24 de xullo, e a procuraduría, segundo o disposto no Art. 13 do Real decreto 2046/1982, do 30 de xullo, que aproban os estatutos xerais das ditas profesións.

Para avanzar na realización práctica do dereito á tutela xudicial efectiva das persoas, que establecen os artigos 17, 24.2º e 119 da Constitución española de 1978, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais constituíu un grupo de traballo formado por representantes desta e dos distintos colexios profesionais de avogados e procuradores da nosa conumidade, para instrumentar todo o relativo á compensación económica establecida para satisface-la asistencia xurídica gratuíta efectivamente prestada ós cidadáns, todo iso presidido polo principio da mellora das prestacións técnicas e da calidade do servicio que se lle debe prestar ó cidadán.

Este decreto supón unha mellora que garante a tutela xudicial efectiva, e establece un procedemento de compensación das actuacións profesionais acorde co marco, tanto xurídico como social, no que debe aplicarse.

O proxecto de decreto foi sometido a informe do Consello Xeral do Poder Xudicial e dos colexios de avogados e procuradores de Galicia, de acordo

co previsto no Art. 108 da Lei orgánica do poder xudicial e o Art. 130 da Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958, en vigor de acordo co disposto na disposición derrogatoria 2 b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

No ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, dentro das consignacións orzamentarias, compensará economicamente as actuacións correspondentes á defensa e representación en quenda de uficio e á asistencia letrada ó detido, así como os gastos da súa infraestructura e xestión de acordo co establecido no presente decreto.

As ditas aportacións económicas realizaranse a través do Consello da Avogacía Galega, dos colexios de avogados e dos colexios de procuradores de Galicia.

Os libramentos efectuaranse cuadrimestralmente.

Artigo 2º

A Consellería de Xustiza, Intenor e Relacións Laborais distribuirá entre os coleixos de avogados e os colexios de procuradores o importe correspondente a cada un en función do número de actuacións profesionais realizadas e acreditadas ante eles durante o cuadrimestre inmediatamente anterior ó de cada libramento e dos baremos establecidos no anexo II, logo da remisión a aquela por parte dos colexios da correspondente certificación, á que se refire o artigo 20.2º deste decreto.

Os colexios en canto entidades colaboradoras para a distribución das compensacións económicas están suxeitos ás regras e obrigas establecidas na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, que lles sexan de aplicación.

Artigo 3º

1. Para os efectos deste decreto enténdese por actuación da quenda de oficio, a defensa e representación en calquera das ordes e instancias xurisdiccionais das persoas físicas que teñan dereito á asistencia xurídica gratuíta nos termos e co alcance previstos na lei, e das xurídicas ás que a lei llelo conceda expresamente.

2. Enténdese por asistencia letrada ó debido ou preso a preceptivamente prestada a quen non designase avogado para calquera dilixencia policial, que non sexa consecuencia dun procedemento penal en curso, para a súa primeira declaración ante un órgano

xudicial ou cando esta se leve a cabo mediante auxilio xudicial e o detido ou preso non designase letrado no lugar onde se preste.

As actuacións dun procedemento penal posteriores á primeira declaración do detido ou preso, consideraranse incluídas na defensa por quenda de oficio se reúnen as condicións estipuladas no primeiro parágrafo deste artigo.

Capítulo II

Organización dos servicios de xustiza gratuíta

Artigo 4º

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais velará polo bo funcionamento dos servicios de asistencia xurídica gratuíta xestionados polos colexios profesionais, nos termos previstos neste decreto.

Artigo 5º

Os colexios de avogados e os colexios de procuradores, regularán e organizarán a través das súas xuntas de goberno, os servicios de asistencia letrada e defensa e representación gratuítas, garantindo en todo caso a súa continuidade, atendendo a criterios de eficacia e funcionalidade, de distribución obxectiva e equitativa das distintas quendas e medios e procurando a máxima dedicación e especialización por quendas, en atención ós diferentes órganos e ordes xurisdicionais.

Artigo 6º

As condicións de acceso dos profesionais ós servicios de asistencia xurídica gratuíta serán reguladas polo Consello da Avogacía Galega e polos colexios de procuradores para tódolos colexios profesionais. As ditas normas, que deberán conter mínimos acreditados de formación nos que se poderá inclui-la previa experiencia profesional, seranlle comunicadas ó órgano competente en materia de xustiza da Comunidade Autónoma.

Artigo 7º

Para a prestación do servicio de asistencia letrada ó detido tódolos colexios de avogados constituirán unha quenda de garda permanente de presencia física ou localizada dos letrados.

Cando a asistencia letrada se lle teña que prestar a máis de un detido polos mesmos feitos, computarase como unha soa asistencia para efectos do seu devengo, sempre que non exista conflicto de intereses.

A compensación económica diaria de cada letrado por asistencias prestadas, sexa cal fose o número das realizadas, non podará exceder da cantidade resultante da suma de cinco asistencias.

Artigo 8º

Cada colexio de avogados poderá organizar e xestionar un Servicio de Orientación Xurídica que asumirá, ademáis das funcións que lle asigne a xunta de goberno, o asesoramento previo ós solicitantes

da quenda de oficio, a información sobre o cumprimento dos requisitos necesarios para a súa concesión e o auxilio na redacción dos formularios normalizados correspodentes.

Capítulo III

Medidas de control en relación co peticionario de xustiza gratuíta. Designación de avogado e procurador de oficio

Artigo 9º

Para efectos da constatación do cumprimento efectivo dos requisitos legais necesarios para a cóncesión do beneficio de xustiza gratuíta, presuposto básico para a aplicación das compensacións económicas que lle corresponde aboar á Administración polas actuacións letradas da quenda de oficio, os colexios de avogados e de procuradores adoptarán, en colaboración coa Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, as medidas de control que se regulan nos artigos seguintes.

Artigo 10º

1. Os colexios de avogados e de procuradores, a través das súas xuntas de goberno, efectuarán as designacións dos profesionais encargados dos servicios da quenda de oficio con suxeición ás normas procesuais e de conformidade co establecido neste artigo e nos artigos seguintes.

2. Cando o peticionario acredite o recoñecemento xudicial do dereito a litigar gratuitamente, os colexios de avogados e de procuradores designarán inmediatamente ó profesional de acordo coa norma aplicable segundo a orde xurisdicional ante a que vaia tramitarse o procedemento.

3. Para a designación de avogado de oficio dos imputados ou suxeitos a un procedemento penal observarase o disposto nos artigos 118, 128 e concordantes da Lei de axuizamento criminal.

O letrado designado deberá acreditar, se é o caso, ter instado a tramitación do correspondente incidente de xustiza gratuíta para ter dereito ó cobramento da totalidade da cantidade establecida para o asunto de que se trate.

Artigo 11º

Nos casos non previstos no artigo anterior e agás nos supostos en que por disposición legal se teña dereito a litigar gratuitamente, antes da designación do avogado e procurador de oficio e co fin de valorar debidamente se a persoa que solicitou acollerse ó beneficio reúne ou non as condicións pasa a súa obtención, os colexios esixirán a acretación do cumprimento dos requisitos legais de conformidade co modelo normalizado de solicitude que figura no anexo I deste decreto, que se facilitará previamente nas dependencias xudiciais.

As solicitudes de designación de avogado e procurador por quenda de oficio faranse sempre perante

o xulgado e unha vez providenciadas faránselle chegar, xunto coa documentación acreditativa da veracidade das súas declaracións, ó colexio de avogados do lugar en que radique o xulgado ou tribunal que vaia coñece-lo proceso principal para o que se solicita o beneficio de xustiza gratuíta, ou ó Servicio de Orientación Xurídica, se o colexio o ten instituído.

Se unha vez revisada polos coléxios a documentación achegada resultase xustificada a petición que se formula procederase á designación de avogado por quenda de oficio, e notificaráselle ó letrado designado e mais ó xulgado, con entrega de copia a este último para o seu traslado ó solicitante.

O letrado designado promoverá o recoñecemento xudicial do dereito a litigar gratuitamente agás que estimase que é insostible a dita pretensión incidental, e neste caso promoverao de acorde co establecido no artigo 36 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Artigo 12º

Se o colexio de avogados considerase, polo contrario, que o solicitante non reúne os requisitas necesarias para acceder á xustiza gratuíta, emitirá un dictame en tal sentido, que lle será comunicado ó xulgado ou tribunal correspondente con copia para a súa remisión ó interesado, coa advertencia de que, se mantivese a súa pretensión de ser asistido gratuitamente e esta non prosperase, os honorarios e dereitos de avogado e de procurador e demais gastos que se deriven do procedemento correrán pola súa conta.

Cando, malia o dictame colexial contrario, o interesado mantivese a súa pretensión inicial e non exercitase o seu dereito á libre elección de avogado e procurador, os colexios procederán á designación de avogado de oficio, sempre que o órgano xudicial así o requira, advertíndolle ó interesado a obriga que lle incumbe de aboa-los honorarios profesionais do avogado e do procurador no caso de non obte-lo recoñecemento xudicial a litigar gratuitamente.

O letradó designado formulará, agás que concorresen novas circunstancias non coñecidas no momento da emisión do dictame, a insostibilidade da pretensión incidental de acordo cos trámites establecidos no artigo 36 e seguintes da Lei de axuizamento civil ou nas normas correspondentes segundo a orde xurisdicional perante a que se actúe.

Artigo 13º

Se, conforme coa lexislación procesual, o órgano xudicial competente para coñecer do proceso considerase que polas circunstancias ou a urxencia do caso fose preciso asegurar de forma inmediata os dereitos de defensa e representación da parte, ou unha delas manifestase carecer de recursos económicos, dictará unha resolución motivada requiríndolles ós colexios profesionais o nomeamento de avogado e de procurador, se as designacións non foron realizadas con anterioridade, e advertíndolle ó solicitante que a dita designación non exclúe o cum

primento dos trámites previstos nos artigos anteriores tendentes a acreditar que reúne as condicións necesarias para acceder á xustiza gratuíta e que de non obter resolución favorable á súa petición de recoñecemento do dito beneficio, os honorarios e dereitos de avogado e procurador e demais gastos que se derivasen do procedemento correrán pola súa conta.

Artigo 14º

Cando, conforme os artigos 11 e 12 deste decreto, se fixese a designación de avogado, o xulgado dirixirase ó colexio de procuradores para que nomee o que corresponda en quenda.

Artigo 15º

Os secretarios xudiciais notificaranlle á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e ós colexios de avogados e procuradores, as resolucións xudiciais en virtude das cales se denegue o dereito a litigar gratuitamente, así como as taxacións de custas naqueles procedementos nos que, tendo intervido profesional designado de oficio, se inclúan os honorarios, dereitos e suplidos efectivamente percibidos.

Artigo 16º

Os colexios de avogados e procuradores rexistrarán as solicitudes de designación efectuadas polos órganos xudiciais ou centros de detención que correspondan coas especificacións necesarias para que en cada caso quede adecuadamente constatado o órgano que as solicita, causa ou actuación a que se refire, as declaracións documentadas dos peticionarios, as datas de solicitude e designación, a identificación dos profesionais designados e as circunstancias correspondentes á designación, especialmente as referentes a renuncias ou aquelas que xustifiquen a non prestación do servicio.

Capítulo IV

Dereitos e abrigas dos profesionais designados de oficio

Artigo 17º

A designación de avogado e procurador pola quenda de oficio implica para estas, agás nas causas expresamente previstas na lei, a obriga de desempeño das actuacións encomendadas ata a finalización do procedemento na instancia de que se trate e, se é o caso, a execución das sentencias, se as actuacións procesauais nestas se producisen dentro dos dous anos seguintes á resolución xudicial dictada na instancia.

Sempre que se solicite e obteña o recoñecemento do dereito a litigar gratuitamente a través do correspondente procedemento, a defensa e representación deberán asignárselles necesariamente a un avogado e a un procurador da quenda de oficio, polo que non será admisible a pretensión de litigar por medio dun avogado libremente elixido e un procurador de oficio ou viceversa, agás que o profesional de libre elección renuncie expresamente por escrito, ante o

cliente e ante o colexio no que se atope inscrito, a percibi-los seus honorarios.

Artigo 18º

Cando a parte non consiga o recoñecemento xudicial do dereito a litigar gratuitamente, os profesionais designados de oficio, terán dereito a cobra-los seus honorarios e dereitos do interesado desde o momento en que realicen algunha actuación profesional e, se é o caso, a obriga de lles reintegrar os colexios o percibido deles polo dito concepto.

Os colexios de avogados e procuradores velarán polo cumprimento do previsto no parágrafo anterior.

Capítulo V

Reclamacións polo funcionamento dos servicios colexiais

Artigo 19º

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, a través do órgano competente en materia de xustiza, dará traslado ós colexios de avogados e de procuradores correspondentes ou, se é o caso, ós órganos xudiciais competentes, das queixas ou denuncias que reciban respecto de calquera actividade profesional desenvolvida na quenda de oficio.

Os colexios estarán obrigados a comunicarlle á Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a resolución recaída na información ou expediente que se incoase.

Capítulo VI

Compensación económica e gastos de infraestructura

Artigo 20º

1. De acordo co importe global das dotacións orzamentarias e tendo en conta a tipoloxía dos procedementos nos que interveñen os profesionais designados de oficio, a Consellefia de Xustiza, Interior e Relacións Laborais establecerá anualmente, logo de consulta ós colexios de avogados e ós colexios de procuradores, os módulos e bases de compensación con cargo a fondos públicos pola prestación dos servicios de asistencia letrada e de defensa e representación gratuítas, que non podarán ser inferiores ós contidos no anexo II deste decreto.

2. As certificacións que servirán de base ó aboamento das actuacións, deberán ser expedidas polo secretario co visto e prace do decano de cada colexio e deberán de conte-lo número de asistencias letradas efectivamente prestadas, así como as quendas iniciadas no período inmediatamente anterior ó de cada libremento.

Artigo 21º

1. A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, conforme o mesmo procedemento e condicións previstas no artigo anterior, determinará o importe da compensación económica destinado polos colexios a atende-los gastos de organización, admi

nistración e xestión colexial dos servicios de asistencia letrada ó detido e a defensa e representación gratuítas, transferindo o dito importe ó Consello da Avogacía Galega e a cada un dos colexios de procuradores de Galicia.

A cantidade destinada para tal finalidade será o 8% do crédito total da compensación económica consignada no orzamento de cada exercicio para atende-los gastos derivados da asistencia letrada ó detido e defensa e representación gratuítas.

Artigo 22º

Os avogados e procuradores devengarán a compensación económica correspondente á súa actuación na quenda de oficio a que se refire o presente decreto, conforme o anexo III deste decreto, unha vez que acrediten documentalmente ante o seu respectivo colexio a intervención profesional realizada. En supostos excepcionais debidamente xustificados os decanos de cada colexio poderán dar por finalizada unha actuación ou asunto, para os únicos efectos de devengo da compensación económica.

Cando se trate de asistencia letrada ó detido, a compensación devengarase unha vez finalizada a intervención profesional.

Os colexios deberán verifica-la efectiva prestación dos servicios mediante a oportuna xustificación documental que conservarán á disposición da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Capítulo VII

Xustificación da aplicación da compensación económica

Artigo 23º

Dentro dos tres primarios meses de cada ano, os colexios de avogados e de procuradores xustificarán ante a Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais a aplicación da compensación económica percibida durante o exercicio inmediatamente anterior. Se incumprisen a dita abriga, poderanse suspende-los sucesivos libramentos ata que se renda a conta.

As diferencias qué poden resultar dos libramentos a conta regularizaranse unha vez cumprido o trámite de xustificación previsto no parágrafo anterior.

Artigo 24º

1. A xustificación da aplicación dos fondos percibidos a que se refire o artigo anterior comprenderá os seguintes extremos:

a) Número total de prestacións de asistencia letrada realizadas en cada colexio.

b) Número total de quendas de garda realizadas en cada colexio.

c) Relación das cantidades percibidas por cada profesional que intervira na asistencia ó detido ou

quenda de garda e a retención practicada en concepto de imposto sobre a renda das persoas físicas.

d) Número total de asuntos pola quenda de oficio, desagregados por tipos de procedemento.

e) Relación das cantidades percibidas por cada profesional que interviñera na quenda de oficio e a retención practicada en concepto de Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.

f) Importe destinado a atende-los gastos de infraestructura e funcionamento dos servicios de asistencia letrada e quenda de oficio.

g) Relación detallada das cantidades destinadas por cada colexio para atende-los gastos de organización, infraestructura e funcionamento.

h) Importe dos xuros devengados, se é o caso, polos sucesivos libramentos e aplicación destes.

i) Relación separada, detallada e documentada dos asuntos en que mediase designación de profesional en quenda de oficio, nos supostos contemplados no artigo 14 do presente decreto.

2. Os colexios de avogados e de procuradores dos tribunais deberán conserva-la documentación a que se refiren o artigo 22 e o número 1 deste artigo por un período de cinco anos.

Artigo 25º

1. O Consello da Avogacía Galega deberá ingresar en canta separada, baixo o título «gastos de organización, administración e xestión colexial dos servicios de asistencia letrada ó detido e defensa gratuitas, as cantidades libradas pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para atende-los ditos fins».

2. Os colexios de avogados deberán ingresar en conta separada, baixo o título «Colexio de Avogados de...» e «Aportación da Xunta de Galicia, Conselleria de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para compensar economicamente ós avogados en quenda de oficio e asistencia letrada ó detido», as cantidades libradas para atende-las finalidades referidas no presente decreto.

Idéntica obriga lles corresponderá ós colexios de procuradores e serán neste caso os títulos das cantas «Colexio de procuradores de...» e «Aportación da Xunta de Galicia, Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para compensar economicamente ós procuradores en quenda de oficio».

3. Os xuros devengados, se é o caso, polas ditas contas aplicaranse ós gastos de funcionamento dos servicios.

Artigo 26º

Os colexios de avogados e os colexios de procuradores remitiranlle, dentro do primeiro cuadrimes

tre de cada ano á Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais unha memoria sobre o funcionamento dos servicios de asistencia letrada e quenda de oficio durante o ano anterior.

Disposicións transitorias

Primeira.-Os módulos e bases de compensación a que se refire o artigo 20 deste decreto, aplicables durante o ano 1995, serán os que se determinan no anexo II.

Segunda.-Os efectos económicos deste decreto retrotraeranse ó 1 de xaneiro de 1995.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

DOCUMENTOS QUE SE LLE XUNTARÁN Á SOLICITUDE DE XUSTIZA GRATUÍTA

-Fotocopia da declaración da renda do último ano ou, se é o caso, certificación acreditativa que expide a Delegación de Facenda.

-Certificado de Facenda sobre a declaración do patrimonio.

-Certificación de Facenda do Catastro e Imposto de Actividades Económicas.

-Fotocopia do recibo de alugueiro.

-Fotocopia lo Libro de Familia.

-Nómina do último mes ou certificación do INEM acreditativa de: estar en situación de desemprego ou de percepción de prestacións, segundo o caso.

-No caso de pensionistas: certificación do INSS, I.S. da Mariña, ONCE e das prestacións que percibe na súa condicións de pensionista.

Nota importante: os cuestionarios adxuntos deberán ser cubertos por duplicado e integramente, con valor de declaración xurada.

ANEXO II

MÓDULOS E BASES DE COMPENSACIÓN ECONÓMICA.

BAREMOS PARA O ANO 1995.

Avogados:

Asistencia ó detido ou preso:

Asistencia ordinaria ó detido11.000 ptas.

Xurisdicción penal:

Procedemento sumarial35.000 ptas.

Procedemento abreviado28.000 ptas.

Apelacións10.000 ptas.

Menores17.000 ptas.

Expedientes de vixilancia penitenciaria17.000 ptas.

Xuízo de faltas8.000 ptas.

Xurisdicción civil:

Maior contía50.000 ptas.

Resto de procedementos contenciosos22.000 ptas.

Procedemento matrimonial-contencioso completo30.000 ptas.

Mutuo acordo17.000 ptas.

Medidas provisionais e provisionalísimas10.000 ptas.

Expedientes de xurisdicción voluntaria17.000 ptas.

Apelacións civís10.000 ptas.

Xurisdicción contencioso-administrativa:

Recurso contencioso-administrativo25.000 ptas.

Xurisdicción social:

Procedemento íntegro16.000 ptas.

Recurso de suplicación10.000 ptas.

Xurisdicción militar:

Procedemento íntegro25.000 ptas.

Recurso10.000 ptas.

Recurso de casación:

Recurso de casación30.000 ptas.

Recurso de casación cando no se formaliza e hai só interposición30.000 ptas.

Recurso de amparo:

Recurso de amparo3.000 ptas.

Normas xerais:

Xustiza gratuíta30.000 ptas.

Desistimiento extraxudicial por pasividade do xustificable, estudio e preparación do asunto, previo á presentación da demanda: 30% da contía aplicable ó procedemento.

Transaccións extraxudiciais: 75% da contía aplicable ó procedemento.

Informe motivado da insostibilidade da prestación3.000 ptas.

Sometemento á demanda: 30% da contía aplicable ó procedemento.

Execución da sentencia posterior ós dous anos de recaída de resolución xudicial: 30% da contía aplicable ó procedemento.

O desprazamento ás audiencias provinciais e ós xulgados do penal de letrados doutros partidos xudiciais á asistencia a xuízo oral, en instancia ou en recurso, incrementaría o baremo en5.000 ptas.

Procuradores:

Xurisdicción penal:

Tódolos procedementos2.500 ptas.

Outras xurisdiccións:

Procedemento matrimonial-contencioso4.000 ptas.

Resto de procedementos2.000 ptas.

Segunda instancia:

Todo tipo de procedementos1.000 ptas.

ANEXO III

MOMENTO DO DEVENGO DA COMPENSACIÓN ECONÓMICA

Os avogados e procuradores devengarán o 100 por 100 da compensación económica correspondente á súa actuación na quenda de oficio conforme o establecido a continuación:

1.-O cómputo da quenda de oficio producirase cando concorra algunha das seguintes actuacións procesuais:

a) En procesos civís, incluídos os de familia, á presentación da copia da providencia de admisión de demanda ou tendo por formulada a contestación a ela.

b) En apelacións civís, á presentación da copia de providencia pola que se admite a trámite o recurso ou, se é o caso, a comparecencia na alzada.

c) En procedementos penais, á presentación da copia da dilixencia ou solicitude da actuación procesual na que interveña o letrado ou procurador, ou a apertura do xuízo oral.

d) En apelacións penais, á presentación da copia da resolución xudicial tendo por formalizado ou impugando o recurso ou do sinalamento para a vista.

e) Nos demais procedementos, á presentación da copia da dilixencia xudicial acreditativa da intervención do letrado ou procurador dos tribunais.

f) Nos recursos de casación formalizados, á presentación da copia do escrito de formalización do recurso, debidamente acreditado.

g) Nos recursos de casación non formalizados, á presentación da copia do informe dirixido o colexio, fundamentado a inviabilidade do recurso.

h) Nos desistimentos extraxudiciais por pasividade do xusticiable, á presentación de xustificación escrita do letrado.

i) Nas execucións de sentencias que se produzan transcorridos dous anos despois de recaída resolución xudicial, á presentación da copia de petición da execución, debidamente acreditada.

2. Nos asuntos de xustiza gratuíta, transaccións extraxudiciais e informe de insostibilidade da pretensión, devengarase a totalidade da compensación económica correspondente á presentación do documento subscrito polo beneficiario da xustiza gratuíta ou do informe de insostibilidade.