Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1995 pola que se anuncia concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da concesión da explotación do servicio de cafetería e cafetería-comedor en diversos centros desta universidade (expediente número 202/1995).

O rector, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar concurso público, procedemento aberto, mediante tramitación urxente, para a adxudicación da concesión que a continuación se indica:

Obxecto: explotación do servicio de cafetería e cafetería-comedor en diversos centros desta universidade (expediente número 202/1995).

Canon: serán os que resulten da adxudicación, sendo os mínimos fixados os que se recollen no prego de cláusulas administrativas.

Garantías: as indicadas no prego de cláusulas administrativas.

Prazo de duración: será de un ano a partir do día seguinte ó da sinatura do contrato. Este prazo entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais,

salvo que calquera das parte comunique á outra a súa decisión en contrario polo menos cun mes de antelación á data de remate do prazo establecido, ou de algunha das súas prórrogas.

Prego de condicións: os interesados poderán consultalos, ou solicita-lo seu envío por correo ó Servicio De Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1-2ª planta, C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Lugar de presentación: as propostas presentaranse no rexistro xeral da Universidade de Vigo, rúa Oporto, 1, planta baixa C.P. 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a sábado.

Prazo de presentación: o prazo para a recepción das ofertas comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada no prego de cláusulas administrativas.

Apertura de ofertas: terá lugar na Sala de Xuntas do Rectorado, rúa Oporto, 1, Vigo (Pontevedra) ás once horas do segundo día hábil seguinte ó da data de remate de presentación de propostas (no caso de coincidir en sábado terá lugar o día habil seguinte).

Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica polo licitador:

-Solvencia económica e financeira: poderá acreditarse por un ou varios dos medios seguintes, informe de institucións financeiras ou, se é o caso xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais, declaración relativa á cifra de negocios global, servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios; e tratándose de sociedades, balances ou extractos de balances, se a súa publicación é obrigatoria no Estado onde estean establecidas.

-Solvencia técnica: cualificacións profesionais dos responsables da dirección da empresa e, en particular, do persoal que sería responsable do servicio. Relación dos principais servicios realizados nos tres últimos anos que inclúe importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

O importe desde anuncio correrá a cargo das empresas adxudicatarias.

Vigo, 22 de setiembre de 1995.

Por Resolución 13-3-1995

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia

Teléfonos: 544268 - 544270

Fax: 544272 - 544273