Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.330

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 1995 pola que se concede un novo prazo de presentación de ofertas, para a contratación da subministración dun sistema multicanal de adquisición e análise de transitorios (expediente número 40/1995).

No BOE número 219, do 13 de setembro de 1995, publicouse convocatoria para a adxudicación da subministración correspondente ó expediente arriba indicado. Ó detectárense erros no contido das prescricións técnicas, concédese un novo prazo para a presentación de ofertas que comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no BOE e rematará o décimo terceiro día natural ás 14 horas.

O novo prego de condicións poderá ser consultado, ou solicitado o seu envío por correo ó Servicio de Xestión Económica e Contratación da Universidade de Vigo, r/ Oporto, 1-2º andar, 36201 Vigo (Pontevedra) de 9 a 14 horas de luns a venres.

Vigo, 21 de setembro de 1995.

Por Resolución 13-3-1995

José Pose Blanco

Vicerrector de Economía

95-06281