Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 29 de setembro de 1995 Páx. 7.320

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1/1257/1995, interposto por Jesús Curras Pereira.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pola que se reclama o expediente relativo ó recurso contencioso-administrativo número 1/1257/1995, interposto por Jesús Curras Pereira contra a Resolución do 18 de maio de 1995, desta dirección xeral (DOG número 99, do 25 de maio), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de auxiliar de enfermería, auxiliar da función administrativa, celadores e pinches, correspondentes ó persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer en forma en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Director xeral de Recursos Humanos

95-6138