Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (51/1993).

No Xulgado e Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase, co número 51 de 1993, expediente de dominio sobre reanudación do treito sucesivo no Rexistro da Propiedade do ben inmoble seguinte:

Predio urbano, de sesenta e tres metros cadrados e corenta e cinco decímetros cadrados, destinado a horta, no que hai unha caseta de planta baixa. Linda: norte, Hermintas Chao; sur, María Picón Martínez; leste, Corredeira das Fraguas; e oeste, o resto do predio matriz, que se vende a José Mariño Maneiro. Figura sinalada co número un da rúa dos Lagartos, desta cidade de Santiago de Compostela.

E, por medio do prerente edicto, cítanse as persoas ás que lles poida prexudica-lo expediente e os posibles herdeiros, sucesores ou habentecausas do último titular rexistral Pedro Mosquera Pombo co fin de que, dentro do termo de dez días, poidan comparecer no expediente e alega-lo que teñan por conveniente.

Dado en Santiago de Compostela o cinco de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

5948