Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Xoves, 28 de setembro de 1995 Páx. 7.297

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (40/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 40/1995, se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e

Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento de xuízo executivo seguido neste xulgado co número 40/1995, no que actuaron, como demandante, Caixa de Aforros e Pensións de Barcelona, La Caixa, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistido polo letrado José Freire Amador e, como demandados, a sociedade Cores Composición y Diseño S.L., Jesús Gómez Arcos e Jesusa Insua Cores, declarados rebeldes nas actuacións.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens da demandada ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade demandante da cantidade de 908.552 ptas. de principal e xuros moratorios pactados, custas e gastos, mailas custas que se impoñen expresamente e gastos, e calcúlase sen prexuízo de ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 500.000 ptas.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado. Rubricado».

E, para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Cores Composición y Diseño S.L., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9506092