Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento da sección A para cuarzo e granito, explotación Vilaza número 325, sita no concello de Oímbra (Ourense).

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense, dá a coñecer que por acordo da Dirección Xeral de Industria do 19 de maio de 1995 sométese a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:

Proxecto: aproveitamento da sección A para cuarcito e granito. Explotación Vilaza, nº 325.

Situado en: Vilaza e Albarellos, termo municipal de Monterrei (Ourense).

Solicitante: Áridos del Támega, S.A.

O que se fai público para calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Ourense, 14 de agosto de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

5737