Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 26 de setembro de 1995 Páx. 7.246

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ribeira e A Estrada: V-2696; XG-286.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, o 7 de xullo de 1995, resolveu outorgar, con carácter definitivo, a José Vaamonde Otero, a concesión do servicio público regular permanente de

uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Ribeira e A Estrada: V-2696; XG-286, por substitución da concesión: V-2696; XG-286, entre Santeles e A Estrada, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

Itinerarios e puntos de parada:

Ribeira, Santeles, Godoi, Renda, Traspedra, Frieira, Campelos, Aguións, Vilar, A Estrada e A Estrada (instituto F.P.).

Expedicións:

Ribeira-A Estrada (Instituto F.P.) (9,55 km).

Xaneiro a decembro inclusive: dúas expedicións de ida e volta de luns a venres laborais.

Outubro a maio inclusive: unha expedición de ida e volta, de luns a venres laborais.

As expedicións que se realicen en período non lectivo deberán finalizar na localidade da Estrada.

Tarifas:

Tarifa aplicable:

Tarifa partícipe por viaxeiro/km: 15,8219 pesetas.

Tarifa usuario: 16,9294 pesetas.

Exceso de equipaxes e encargos: 2,3732 pesetas.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 1995

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

5736