Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de mantemento e reparación de equipamentos, e instalacións do Hospital Médico Cirúrxico de Conxo.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegados conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG do 3-10) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

1. Nome e enderezo do servicio: Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar, s/n, 15706 Santiago de Compostela, tf: (981) 54 05 00. Fax: (981) 53 12 55.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público.

3. a) Lugar de execución do servicio: Santiago de Compostela.

b) Natureza e características do servicio que se debe executar: mantemento e reparación de equipamentos e instalacións segundo especificacións dos pregos de cláusulas administrativas particulares.

-Orzamento total: oitenta e tres millóns cincocentas setenta e unha mil catrocentas vinteoito anuais (83.571.428), IVE incluído.

c) Indicacións relativas á posibilidade de licitación por partes e/ou polo conxunto do servicio requirido: debe licitarse a totalidade do servicio.

4. Prazo de entrega: ata o 31-12-1995. Prorrogable por anos naturais.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: a sinalada no punto 1.

b) Data límitea para efectuar esta solicitude: 20 de outubro de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 27 de outubro de 1995.

b) Dirección á que deben dirixirse: rexistro xeral do centro Hospital Médico Cirúrxico de Conxo, rúa Ramón Baltar s/n, 15706 Santiago de Compostela.

c) Lingua nas que deben redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar de apertura: ás dez horas na dirección indicada no punto 1 o 7 de novembro.

8. Fianzas e garantías esixidas:

-Provisional, do 2% do orzamento de licitación.

-Definitiva, do 4% do importe de adxudicación.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias os textos que as regulan: mensualmente por mensualidades vencidas con cargo a la aplicación orzamentaria 1550-2223-22709.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: non se especifica.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo contratista: as esixidas nos pregos de cláusulas administrativas.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a apertura das proposicións.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver pregos e folla de especificacións.

14. Outras informacións: ver prego.

15. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 29 de agosto de 1995.

16. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 1995.

Ignacio Martínez González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

95-6177