Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Luns, 25 de setembro de 1995 Páx. 7.219

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de aparellos cirúrxicos para o Hospital da Costa (C.P. 2/1995).

A Dirección Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado f do artigo 7 da Orde 15 de setembro de 1994 (DOG nº 191 do 3 de outubro), convoca expediente de contratación polo procedemento aberto, mediante concurso, da subministración de aparellos cirúrxicos, con destino a cubri-las necesidades no Hospital da Costa.

Obxecto e orzamento: a adquisición de aparellos cirúrxicos por un orzamento de quince millóns de ptas. (15.000.000 ptas.), IVE incluído.

Prazo de entrega: os bens obxecto do presente concurso deberán de ser entregados no prazo de 15 días a partir da data de notificación da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitadas no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, tfno. (982) 58 99 07 e fax (982) 58 99 06, durante o prazo de admisión de proposicións.

Admisión de variantes: admítense variantes.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse por algún dos medios previstos no artigo 18 da Lei da contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

Primeiro: calidade técnica.

Segundo: asistencia técnica.

Terceiro: prezo.

Cuarto: prazo de entrega.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación. A devandita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Clasificación: non se esixe.

Presentación da proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir de seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que deberán aporta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 4 de agosto de 1995.

Fernando Varela Noreña

Director xerente

6016