Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.183

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

CÉDULA de notificación de sentencia (344/1995).

Rafael González Alio, secretario do Xulgado do Social número un de Lugo dá fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 344/1995, que se tramitan por instancia de Confederación Intersindical Galega, contra a Asociación de Transportes Discrecionais de Mercancías por Carretera e outros, sobre impugnación do convenio colectivo, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia nº 386. En Lugo o tres de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

José Elías López Paz, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número un dos de Lugo, viu os presentes autos dimanantes de xuízo verbal número 344/1995, sobre impugnación do convenio colectivo, no que son partes, como demandante, o sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG), representado pola letrada Esperanza López Silvosa, e como parte demandada, a Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera, a Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, e a Asociación de Empresas de Agencias de Carga Completa, representadas pola letrada Guadalupe Hervera Iglesias, o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.), o sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT) e o Ministerio Fiscal, os cales non compareceron a pesar de estaren citados en legal forma.

Decido que estimando a demanda formulada polo sindicato Confederación Intersindical Galega (CIG) e o sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.), sobre

impugnación do convenio colectivo contra a Asociación de Transportes Discrecionales de Mercancías por Carretera, a Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Fraccionada, a Asociación de Empresarios de Agencias de Carga Completa, o sindicato Unión Xeral de Traballadores (UGT), o Ministerio Fiscal, debo declarar e declaro que o artigo 26 deste é atentatorio ó principio de igualdade e non discriminación, e deberá ser anulado e deixar de producir efecto. Notifíqueselles ás partes coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social e cos requisitos esixidos no artigo 188 e seguintes do texto articulado da Lei de procedemento laboral do 27-4-1990. A presente sentencia deberá ser notificada á autoridade laboral competente e será executiva desde a data que se dicta, non obstante o recurso que

contra ela puidera interpoñerse. Acórdase así mesmo a publicación da dita sentencia no mesmo boletín oficial no que se publicase o convenio impugnado (Diario Oficial de Galicia). Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo. José Elías Paz. Rubricado. Publicación. A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu secretario certifico. Rafael González Alió. Rubricado».

Concorda ben e fielmente co orixinal a que me remito e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Lugo o tres de agosto de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9505946