Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 22 de setembro de 1995 Páx. 7.159

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995 pola que se nomea xerente da Universidade de Santiago de Compostela a Aureliano García González-Llanos.

En virtude das atribucións que lle están conferidas no artigo 67.3º dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela,

Este rectorado, resolve nomear como xerente da Universidade de Santiago de Compostela a Aureliano García González-Llanos, con efectos económicos e administrativos do día 1 de setembro de 1995.

O que lle comunico para o seu coñecemento.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

95-06187