A Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público 13/1995 para a subministración de aparellos e dispositivos (médicos e outros) corespondentes ó Plan de Montaxe do Hospital Marítimo de Oza.
1. Servicio que adxudica o contrato: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, Dirección de Xestión. Sección de Investimentos. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.
2. Modalidade de adxudicación elexida: concurso público.
3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.
b) Natureza e extensión das prestacións, características xerais da subministración: aparellos e dispositivos (véxase prego de condicións técnicas e/ou especiais) médicos e outros.
-Presuposto total: 199.301.427 ptas. (cento noventa e nove millóns trescentas unha mil catrocentas vintesete ptas.) IVE engadido.
c) División en lotes: pode licitarse pola totalidade ou por lotes (véxase prego de condicións e folla de especificacións).
4. Prazo de entrega eventualmente imposto: un mes.
5. a) Obtención do prego de condicións e dos documentos complementarios: enderezo e servicio indicado no punto 1.
b) Data límite para solicitar-los documentos: 30 de octubro de 1995.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 6 de novembro de 1995.
b) Enderezo ó que deben remitirse: enderezo e servicio indicados no punto 1.
c) Idioma en que debe redactarse: galego ou castelán.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.
b) Data, hora e lugar de dita apertura: 17-11-1995, 10 horas; enderezo indicado no punto 1.
8. Fianzas e garantías esixidas: provisional 2% (cláusulas 9.2 prego de condicións); definitiva 4% (cláusula 13.2 prego de condicións).
9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento: ver prego de condicións e apartado 10 folla de especificacións.
10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.
11. Prazo durante o cal o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións (artigo 116 do Regulamento xeral de contratación).
12. Criterios que serán empregados para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións.
13. Outras informacións: enderezo e servicio indicados no punto 1.
14. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 14 de setembro de 1995.
15. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.
A Coruña, 6 de setembro de 1995.
Josep Santacreu Bonjoch
Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza
Novos números de teléfono do Diario Oficial de Galicia
Teléfonos: 544268 - 544270
Fax: 544272 - 544273