Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.153

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, pola que se anuncia concurso público para a contratación da subministración do mobiliario e utensilios do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

A Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 15 de setembro de 1994 (DOG 3-10-1994) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde convoca o concurso público 12/1995 para a subministración de mobiliario e utensilios (clínicos e outros) corespondentes ó Plan de Montaxe do Hospital Marítimo de Oza.

1. Servicio que adxudica o contrato: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza, Dirección de Xestión. Sección Investimentos. As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono (981) 17 80 73. Fax (981) 17 80 71.

2. Modalidade de adxudicación elixida: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza.

b) Natureza e extensión das prestacións, características xerais da subministración: mobiliario e utensilios (véxase prego de condicións técnicas e/ou especiais) clínicos e outros.

-Presuposto total: 189.516.779 ptas. (cento oitenta e nove millóns cincocentas dezaseis mil setecentas setenta e nove ptas.) IVE engadido.

c) División en lotes: pode licitarse pola totalidade ou por lotes (véxase prego de condicións e folla de especificacións).

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: un mes.

5. a) Obtención do prego de condicións e dos documentos complementarios: enderezo e servicio indicado no punto 1.

b) Data límite para solicitar-los documentos: 30 de octubro de 1995.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 6 de novembro de 1995.

b) Enderezo á que deben remitirse: enderezo e servicio indicados no punto 1.

c) Idioma en que debe redactarse: galego ou castelán.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar de dita apertura: 17-11-1995, 10 horas; enderezo indicado no punto 1.

8. Fianzas e garantías esixidas: provisional 2% (cláusulas 9.2 prego de condicións); definitiva 4% (cláusula 13.2 prego de condicións).

9. Modalidades esenciais de financiamento e de pagamento: ver prego de condicións e apartado 10 folla de especificacións.

10. Condicións mínimas de carácter económico e técnico que debe satisface-lo contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

11. Prazo durante o cal o licitador queda vinculado á súa oferta: tres meses desde a apertura de proposicións (artigo 116 do Regulamento xeral de contratación).

12. Criterios que serán empregados para adxudica-lo contrato: ver prego de condicións.

13. Outras informacións: enderezo e servicio indicados no punto 1.

14. Data de envío do anuncio á oficina das publicacións oficiais das Comunidades Europeas: 14 de setembro de 1995.

15. Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución en prensa e nos boletíns oficiais correrá por conta do adxudicatario.

A Coruña, 6 de setembro de 1995.

Josep Santacreu Bonjoch

Director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Oza

95-06105