Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.152

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 21 de agosto de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a redacción de proxecto básico e de execución da reforma das dependencias da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas-A Coruña.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 173, do venres 8 de setembro de 1995, cómpre efectua-la seguinte corrección:

Onde di:

«Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir da publicación do...»

Debe dicir:

«Prazo de presentación de proposicións:

Deberán presentarse en man, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural a partir da publicación do...».

Nota: os prazos comezarán a contar a partir da publicación desta corrección de erros.

95-5921