Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Xoves, 21 de setembro de 1995 Páx. 7.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 1995 pola que se somete a información pública a petición de aprobación do plan eólico estratéxico que se cita, por solicitude do Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. -GAMESA-.

Para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, ábrese información pública sobre o seguinte plan eólico estratéxico:

Peticionario: Grupo Auxiliar Metalúrgico, S.A. -GAMESA-.

Obxecto da petición: aprobación do plan eólico estratéxico.

Durante o prazo de 20 días contados a partir do seguinte a esta publicación poderán presentarse solicitudes en competencia de acordo co artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-06096