Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 263/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación de desvio de liñas en estrada PO-400 tramo Salvaterra-As Neves tramo II que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: variante I-desde o apoio 2 da L.M.T. ó C.T. Arebal ata o apoio 4 existente da misma liña; variante II-desde un apoio proxectado na L.M.T. ó C.T. Liñares desde o que se realiza a derivación ó C.T. Arebal ata o apoio 2 existente da misma liña; variante III-desde o apoio 11 existente da L.M.T. Ramal-Oleiros ata o apoio 14 existente da misma liña; variante IV-desde

o apoio existente 141 da L.M.T. Frieira-Ramal ata o apoio 4 proxectado da L.M.T. ó C.T. das Neves-Estación. Tódalas derivacións estan situadas no concello das Neves.

Finalidade da instalación: desvio de liñas por construcción de estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 839 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e 358 m de lonxitude con conductor tipo LA-110, sobre apoios de formigón.

R.B.T., aérea, de 870 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 8.592.946 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-05981