Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. a C.T. Aciveiro, que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 75 da L.M.T. Lalín-Forcarei ata o C.T. que se proxecta en Aciveiro, concello de Forcarei.
Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 45 m de lonxitude, con conductor tipo LA-30. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V.
Orzamento: 2.116.537 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 14 de agosto de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
95-05980