Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.112

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (111/1990).

Neste xulgado séguense autos de executivo outros títulos 111/1990, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Mª del Carmen Losada Gómez contra Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle, María de los Ángeles García Álvarez e Fernando Gómez López, sobre reclamación de 225.281 pesetas de principal e 10.000 orzadas para xuros e custas. E nos ditos autos, por providencia do día da data acordouse o embargo de bens propiedade de Alberto Luis Vicente Bernárdez Matovelle, sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro. Así mesmo, acordouse citar de remate a dita parte demandada por medio da presente cédula, concedéndolle o termo de nove días para comparecer en forma nos autos e oporse á execución se lles convén, significándolle que están ó seu dispor na secretaría deste xulgado as copias da demanda e documentos presentados.

E para os efectos do disposto nos artigos 1444 e 1460 da LAC, sinálanse como bens susceptibles de embargo os vehículos seguintes:

-Vehículo marca Simca 1200 LX, matrícula PO-5283-J.

-Vehículo Seat 600-D, matrícula LU-015487.

-Parte proporcional do soldo que percibe na entidade Coelcon, S.L., sita en San Tomé de Mosteiro, Meis (Pontevedra).

E para que sirva de citación de remate ós demandados arriba indicados, dos que se ignora o domicilio, por termo de nove días para comparecer en forma nos autos e oporse á execución, libro e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9506115