Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.112

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (64/1995).

F. Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se tramita xuízo de faltas número 64/1995, no que se dictou sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o un de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, logo de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 64/1995, sobre furto, no que foron partes, como denunciante, José Ramón Rivera Estévez, maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio na rúa das Galeras, número 28, baixo, e como denunciado, Santiago Fiuza Fuentes, maior de idade e veciño desta cidade, con domicilio na rúa Ulpiano Villanueva, bloque 30-4 Esq., e Alberto Pintos Martínez, maior de idade e actualmente en paradoiro descoñecido, de quen constan en autos as circunstancias persoais, e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Santiago Fiuza Fuentes e Alberto Pintos Martínez da falta de que viñan sendo inculpados neste procedemento, e declaro de oficio as custas procesuais causadas na primeira instancia.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación por escrito, presentado ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde a súa notificación, na forma e cos requisitos que establece o artigo 795 da Lei de axuizamento criminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará testemuño literal ós autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentencia foi pronunciada, lida e publicada polo maxistrado-xuíz que a asina, estando celebrando audiencia pública, no mesmo día da súa data.

O preinserto é reproducción fiel da sentencia orixinal á que me remito, a cal foi lida e publicada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia que a subscribe na audiencia pública do mesmo día da súa data.

E para que conste e sirva de notificación a José Ramón Rivera Estévez, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o día doce de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

9504514