Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Mércores, 20 de setembro de 1995 Páx. 7.100

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da adhesión da empresa Dhul, S.A., ó convenio colectivo da mesma empresa para o centro de traballo de Granada.

Visto o expediente de adhesión da empresa Dhul, S.A., respecto do seu centro de traballo situado nesta provincia, ó convenio colectivo para o centro de traballo de Granada da devandita empresa Dhul, S.A., que foi publicado no Boletín Oficial da Junta de Andalucía nº 75, de data 24 de maio de 1995. Expediente incoado en virtude da acta de adhesión subscrita por unha representación da empresa e dos traballadores afectados pola devandita adhesión en data 22-2-1995. De conformidade co disposto nos artigos 90.2º e 3º e 92 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, modificada pola Lei 11/1994, do 19 de maio, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do estado á Comuniddade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Autoriza-la adhesión da empresa Dhul, S.A., respecto ó seu centro de traballo situado en Redondela (Pontevedra) ó convenio colectivo da citada empresa Dhul, S.A., para o seu centro de traballo en Granada, na súa totalidade, e que foi publicado no Boletín Oficial de la Junta de Andalucía nº 75, de data 24 de maio de 1995. Ordenando a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación aás representacións económica e social asinantes da adhesión.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 27 de xuño de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Dhul, S.A.

Capítulo I

Cláusulas xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación a todo o persoal que preste servicios á empresa Dhul S.A. no centro de traballo de Granada.

A concertación de contrato laboral coa empresa implica a aceptación e cumprimento deste convenio e do regulamento do réxime interior de Dhul S.A., por calquera productor que, de forma eventual ou definitiva, ingrese a formar parte dela. Supón así mesmo aceptación deste convenio e do regulamento e réxime interior da empresa, a adhesión voluntaria a este pacto por calquera outro centro de traballo que Dhul S.A. teña establecido ou estableza nesta ou outras provincias.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

Polo presente convenio, regúlanse os dereitos e obrigas concernentes ás relacións laborais, incluídos os servicios especiais e actividades complementarias ou conexas entre Dhul S.A., empresa dedicada á fabricación e comercialización de productos alimenticios, e o seu persoal.

O contido deste convenio constitúe un conxunto orgánico de carácter unitario e indivisible, e quedan ámbalas partes obrigadas ó seu cumprimento na súa totalidade.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O presente convenio será de aplicación a tódolos traballadores abranguidos dentro dos ámbitos territorial e funcional, ou que se contraten durante a súa vixencia, coas excepcións seguintes:

a) As persoas intervinientes en operacións mercantís coa empresa que asuman o risco e ventura daquelas e queden persoalmente obrigadas a responder do bo fin da operación.

b) As persoas que desempeñen funcións de dirección, asesoría, goberno ou consello.

c) O persoal con contrato de traballo en prácticas, aprendizaxe ou tempo parcial (previstos na lexislación vixente), regularase en todo o non sinalado no presente e especificamente en materia de duración, retribución ou xornada, polas condicións pactadas individualmente coa empresa.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

A duración do presente convenio será de dous anos, e entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, retrotraeranse os seus efectos ó día 1 de xaneiro de 1995 e quedará, por tanto, finalizado o día 31 de decembro de 1996.

Prorrogarase tacitamente de ano en ano, a non ser que calquera das partes o denunciase perante a Delegación de Traballo dentro do terceiro mes anterior á data da terminación da súa vixencia, ou da de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas e de traballo pactadas no presente convenio compensan e substitúen a totalidade das que xa existían e se aplicasen na empresa con anterioridade á súa vixencia, calquera que sexa a natureza e orixe da súa existencia.

As disposicións legais de calquera clase ou organismo alleas a este convenio que leven consigo varia

ción das condicións xerais de traballo ou nos seus conceptos retributivos, ou supoñan creación doutros novos, unicamente serán de aplicación práctica se, consideradas no seu conxunto e en cómputo global anual, superasen as que se fixan no presente convenio e consideraranse, en caso contrario, totalmente absorbidas e compensadas.

Para a valoración dos cómputos globais, considerarase o custo total de persoal por hora efectivamente traballada. A revisión anual do salario mínimo interprofesional non modificará por si mesma a estructura nin a contía dos salarios fixados neste convenio, se ben se lles garante ós traballadores como ingreso anual irreductible a súa contía en cada momento, no cómputo anual.

Artigo 6º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio considérase como unha unidade integrada por todo o seu articulado e táboa salarial anexa. No caso de nulidade ou inaplicabilidade dalgunhas das súas partes ou artigos, afectará a totalidade do convenio e quedará en suspenso a súa efectividade ata acadar un novo acordo.

Artigo 7º.-Comisión de interpretación do convenio.

Para a interpretación do vixente convenio colectivo, créase unha comisión integrada por catro representantes do comité de empresa e outros catro representantes da dirección, elixidos por cada tema que se debate.

A dirección e traballadores da empresa, en tódolos conflictos individuais ou colectivos que xurdan derivados da aplicación ou interpretación do convenio, someteranse á dita comisión de interpretación que se pronunciará mediante votación secreta. A resolución desta comisión constituirá trámite preceptivo previo e inexcusable para o acceso á vía administrativa ou xurisdiccional. O prazo para esta resolución será dun máximo de catro días para asuntos extraordinarios e de dez días para asuntos ordinarios.

No caso de desacordo, as partes poderán solicita-la mediación do CMAC da Administración laboral e/ou facendo uso das asesorías legais que consideren oportunas.

Artigo 8º.-Revisión, denuncia e prórroga.

A denuncia que propoña a rescisión do presente convenio deberá formularse por escrito á parte contraria precisamente dentro do terceiro mes anterior á data da terminación da vixencia deste ou de calquera das súas prórrogas.

O escrito de denuncia presentarase igualmente e no mesmo prazo perante o organismo que nese momento sexa competente.

Se, ó finaliza-la duración fixada no artigo 4, o convenio non fose denunciado na forma e tempo sinalados, entenderase prorrogado por tácita reconducción de ano en ano e aplicaráselle neste caso, e de forma automática e con efectos do ano natural que comece, a revisión de tódalas retribucións abranguidas na táboa salarial que se anexiona ó convenio e que estea vixente

nese momento, coa porcentaxe que, segundo a consideración da Administración do Estado, se espere aumente o índice xeral do conxunto nacional de prezos do consumo para o ano natural que se inicia.

A aplicación automática deste aumento terá que ser obxecto de análise previa a ela no convenio, no caso de que o exercicio económico do ano anterior resulte deficitario.

No dito caso, haberá que aterse á nova negociación e, ó igual que no caso de denuncia, ata que non se logre acordo expreso, as relacións laborais na empresa seguirán rexéndose polo convenio denunciado ou expirado.

Con efectos do 1 de xaneiro de 1996, aplicarase sobre tódolos conceptos salariais fixos considerados no presente convenio, un incremento que deberá ser previamente acordado polas partes.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 9º.-Ingresos, períodos de proba e cesamentos.

Ingresos. A dirección poderá somete-los aspirantes ás probas teórico-prácticas e psicotécnicas que considere convenientes para comproba-lo seu grao de preparación. Sen prexuízo das ditas probas, o acceso a calquera posto de traballo será competencia exclusiva da dirección.

Os postos de nova creación que, a xuízo da empresa, non sexan de especial responsabilidade e as vacantes que se produzan entre o persoal que reúna iguais características, serán cubertas mediante convocatoria restrinxida inicialmente ós traballadores que formen parte do cadro de persoal no momento da ofertación e, para o seu efecto, constituirase un tribunal examinador que estará composto por catro membros: un presidente (designado pola dirección xeral) e tres vocais, designados cada un deles polo departamento de persoal, departamento afectado e comité de empresa, e deberá se-lo nomeado por este último de igual ou superior categoría profesional á do persoal que vai examinar e que teña relación co posto que se vai cubrir.

O tribunal comunicaralle ó comité de empresa e exhibirá nos taboleiros de anuncios, con dúas semanas de antelación, os postos que se van cubrir, data e lugar onde deberán presentarse as solicitudes, condicións requeridas para aspirar a calquera vacante, así como o tipo de probas que se van realizar. A graduación das puntuacións efectuaraa o tribunal do un ó dez e, para o persoal da empresa que acceda a estas probas, a antigüidade que posuíse nese momento será cuantificada cun 0,1 punto por ano de servicio ata o máximo dun punto. A antigüidade referida anteriormente será a que figure na folla de salarios do traballador afectado.

A igualdade de puntuacións, terá preferencia o traballador de maior antigüidade, maior idade e de capacidade diminuída por accidente laboral, sempre que, se é este último caso, a diminución non lle impida

desenvolver totalmente as funcións do posto de traballo solicitado, segundo o dictame médico e o da empresa.

No caso de que ningún aspirante superase os mínimos fixados nas probas de aptitude, a empresa poderá xestiona-la cobertura dos ditos postos entre o persoal alleo a ela.

En calquera caso, informaráselles ós traballadores, a través do taboleiro de anuncios, do aspirante que, por supera-las probas establecidas, se fixese acredor da vacante ofertada e, no seu caso, directamente ó interesado.

A empresa determinará as condicións mínimas de acceso a cada convocatoria e o tribunal fixará, para cada caso, as probas que teñan que realizarse.

O tribunal deberá dictar decisión nun prazo de quince días a partir da data da terminación das probas e serán vinculantes os seus resultados sempre que se superen os mínimos de aptitude fixados para cada convocatoria.

Períodos de proba. As admisións do persoal que se efectúen de acordo coas disposicións vixentes, consideraranse provisionais durante un período de proba variado, que deberá concertarse por escrito e que terá a seguinte duración:

a) Técnicos titulados: seis meses.

b) Técnicos non titulados: tres meses.

c) Administrativos e persoal comercial de autovenda: dou meses.

d) Obreiros cualificados e subalternos: un mes.

e) Obreiros non cualificados: dúas semanas.

f) Persoal eventual ou interino: dez días.

A situación de incapacidade laboral transitoria non interromperá por si o período de proba, a non ser que se pactase o contrario no momento da contratación do interesado.

Durante o período de proba, tanto o traballador como a empresa poderán desistir desta e rescindir libremente o contrato de traballo sen necesidade de aviso previo, e sen que ningunha delas teña dereito a indemnización e aboaranse unicamente os xornais ou soldos devengados.

Cesamentos. O traballador poderá desistir unilateralmente das relacións laborais en calquera momento, sen outro requisito que o preaviso á empresa de, polo menos, quince días, agás xefes, técnicos e delegados, que deberán facelo con un mes de antelación. O incumprimento deste requisito suporá descontar do importe da liquidación que corresponda ó cesante, o total da súa retribución diaria por cada día dos que se retrase en avisar. O persoal temporal ou interino cesará ó termo dos seus respectivos contratos, sen dereito a indemnización ningunha, salvo que esta se fixase na contratación ou estea regulada regulamentariamente.

Artigo 10º.-Xornada de traballo.

Os salarios que figuran no anexo I deste convenio están establecidos con base a unha xornada de traballo de 40 horas semanais, equivalente a 1.826 horas de traballo real anual ( resultante de deducir do ano natural os domingos, festivos e vacacións regulamentarias ), computándose o tempo de traballo de xeito que, tanto ó inicio coma ó finaliza-la xornada diaria, o traballador se atope no seu posto de traballo e desempeñándoo.

Fíxase unha marxe de cinco minutos sen penalización nin xustificación no momento de fichar á entrada. No caso de que o atraso se produza en circunstancias reiterativas, a demora na entrada poderá ser recuperada á saída.

O cómputo das horas traballadas será mensual.

No momento de fichar, tanto á entrada como á saída, terá que leva-la roupa de traballo correspondente.

O descanso de quince minutos previstos para os supostos de xornada continuada non terá a consideración de traballo efectivo.

As horas non traballadas por causa de forza maior, accidentes atmosféricos, interrupción da forza motriz ou falta de materias primas non imputables á empresa, serán recuperadas nos días laborables seguintes a razón dunha hora diaria como máximo. Con carácter previo, os representantes dos traballadores e a inspección de traballo serán informados da causa concreta pola que se procede á recuperación.

Queda excluído de réxime de xornada normal de traballo o persoal de transporte pesado, distribución, venda e reparto, en virtude das gratificacións fixadas pola empresa, así coma determinados complementos (incentivos, comisións, quilometraxe, etc.), co que se compensan as características propias deses servicios, os tempos de presencia e a posible prolongación de xornada, cando sexa necesaria, para o cumprimento dos servicios ou rutas asignadas.

Os tempos de presencia e posibles prolongacións de xornada de traballo destes colectivos, non se considerarán dentro da xornada efectiva de traballo nin se computarán para efectos do límite de horas extraordinarias.

A empresa garántelles ós porteiros ou gardas o salario funcional do anexo I, con independencia do número de horas traballadas por eles. No suposto de que a xornada deste persoal superase a pactada en cómputo anual, o exceso de horas traballadas aboarase a pro rata do valor da hora ordinaria, segundo a táboa salarial anexa.

O persoal que preste os seus servicios por horas sen realiza-la xornada ordinaria completa, percibirá unha retribución proporcional á xornada que efectivamente realice, e que está calculada e fixada ou, nos casos de novo ingreso, calcularase con base no tempo efectivo de traballo.

Artigo 11º.-Descanso semanal e festivo.

Por tratarse esta dunha industria cunha materia prima que precisa de recepción diaria e inmediato tratamento, e por ser este traballo ineludible para ela, recoñéceselle neste convenio á empresa o traballo obrigatorio en domingos e festivos nas seccións de mantemento, carga e almacenaxe, recepción e control de leite, distribución, etc., e quedará o persoal vinculado á prestación do seu traballo de xeito que permita a realización dos ditos procesos tódolos días naturais do ano.

As funcións e traballos que deban desenvolverse os domingos e festivos, realizaranse mediante quendas rotativas de modo que o mesmo empregado, salvo caso excepcional, non traballe dous domingos consecutivos e desfrute en compensación do correspondente descanso en día laborable.

O persoal que preste servicios en domingos e festivos e realice o seu descanso semanal compensatorio, percibirá a prima establecida no artigo 25º en proporción ó tempo traballado nos ditos días.

Se é o caso de que, por necesidades do servicio, non poida realiza-lo descanso compensatorio, o traballador non percibirá o plus aludido no parágrafo anterior pero, no seu lugar, retribuiráselle cunha prima que estará calculada con base na relación á contía do salario real correspondente ó tempo traballado, incrementado nun 100%.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

Sen prexuízo de que o persoal realice normalmente o seu traballo habitual, e para efectos de cubrir posibles necesidades organizativas ou productivas, a empresa poderá, se o precisa, destinar un traballador a funcións ou tarefas correspondentes a categorías inferior ou distinta da súa. Cando se trate dun posto de categoría inferior á que teña asignada o traballador, esta situación non poderá prolongarse por un período superior a tres meses, e conservará, en todo caso, o traballador a retribución correspondente ó seu nivel de orixe.

En caso de extrema necesidade, a empresa para mante-lo traballador en traballos de categoría inferior, precisará autorización da autoridade laboral competente.

Non se considerarán traballos de inferior categoría os realizados polo traballador para a conservación e limpeza da maquinaria e utensilios que utilice, nin outras tarefas que se lle encomenden, cando por razóns productivas non haxa ocupación efectiva e teñan como fin manterlle en continua ocupación durante a xornada de traballo, sempre que non afecte a súa dignidade humana.

Se o cambio de categoría inferior tivese orixe na petición do traballador, asignaráselle o soldo e categoría que corresponda á nova situación.

Artigo 13º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio desfrutará dunha vacación anual de 30 días naturais consecu

tivos, que tamén poderán fraccionarse de común acordo entre traballador e empresario. A súa organización será entre a empresa e o comité de traballadores e seguirá o criterio de rotación e sempre de acordo ás necesidades de organización e funcionamento da empresa.

As vacacións, unha vez comezadas, non se interromperán , nin sufrirán ampliación por causa de enfermidade, accidente, licencias, permisos ou calquera outro motivo particular coincidente co período de desfrute, agás casos de intervención cirúrxica ou enfermidade grave cualificada como tal por persoal facultativo competente e referendado polo médico da empresa.

O período de vacacións estará retribuído exclusivamente polos salarios fixados no anexo I, mailo plus de antigüidade que corresponda, e a percepción de haberes do citado período coincidirá coa data de pagamento para o resto do persoal.

O traballador que ingrese ou cese no transcurso do ano terá dereito á parte proporcional de vacacións correspondente ó tempo traballado.

Antes do comezo das vacacións do persoal, deberá obrigatoriamente asina-la ficha, recibo ou parte que sinale o inicio do período de desfrute.

Non é permisible a acumulación de vacacións para o ano seguinte, nin poderán concederse a conta do ano anterior cando, por calquera causa, non fosen desfrutadas, agás no caso de cesamento no traballo, no que se liquidará a parte proporcional positiva ou negativa, correspondente ó período do ano natural devengado no momento do cesamento. É nulo o pacto de cobra-las vacacións.

Para estímulo e axuda para desfruta-lo período de vacacións, establécese unha prima denominada «Bolsa de vacacións», non cotizable á Seguridade Social, consistente no pagamento de 353 ptas. por día natural de vacacións anuais realmente desfrutadas con dereito dentro do ano natural do devengo.

O dito premio non se percibirá nos casos de liquidación por cesamento na empresa.

Artigo 14º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa poderá faltar ó traballo con percepción do seu salario polo tempo que se expresa e para os casos que se prevén, avisando coa posible antelación e xustificándoo adecuadamente:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días naturais, que poderán ampliarse a cinco no caso de desprazamento, nos casos de nacemento de fillos ou falecemento de cónxuxe, pai ou nai de un ou outro cónxuxe, fillos, netos e irmáns.

c) Dous días por traslado de domicilio habitual, cando o traballador for pai ou nai de familia, e un só día cando o traballador non tiver o dito carácter. Igual período se desfrutará no caso de falecemento dos avós do traballador.

d) Un día natural por voda de fillo, neto ou irmán. Igual período se desfrutará no caso de falecemento de irmán político.

e) Polo tempo imprescindible, co máximo da xornada de concorrencia, no caso de enfermidades graves ou operacións cirúrxicas de familiares recoñecidos como tales no apartado b) deste artigo, sempre que a presencia do empregado xunto do enfermo estea debidamente xustificada. O beneficiario da licencia deberá achegar certificado médico no que se deberá facer constar especificamente a gravidade da operación ou enfermidade.

f) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público ou persoal, sempre que este non poida realizarse fóra da xornada de traballo.

g) O tempo necesario para recibir asistencia persoal do médico de cabeceira ( ou especialista da Seguridade Social, con volante médico previo ), sempre que coincida o horario de consulta co de traballo.

Os traballadores favorecidos con calquera das licencias anteriores terán a obriga de presenta-los xustificantes necesarios e suficientes que lles esixa a empresa. No suposto de non cumprir este requisito, perdería o dereito á licencia, e consideraríanse as ausencias inxustificadas co seu específico tratamento.

Para efectos do determinado no apartado f) anterior, entenderase que son deberes inexcusables aqueles que se deriven do mandado da autoridade e que fagan imprescindible acudir a unha citación.

Artigo 15º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Axudas de custo. As contías na asignación e réxime de axudas de custo en comisión de servicio estarán regulamentadas por conceptos e categorías en documento aparte de réxime interior.

Desprazamentos. Cando, por necesidades da empresa, os traballadores teñan que realizar viaxes dentro do territorio nacional a localidade distinta a aquela na que radique o centro de traballo, os gastos de desprazamento correrán a cargo da empresa, a que establecerá medio e clase de transporte máis axeitado e será obriga dos traballadores xustificar, con posterioridade e mediante os oportunos comprobantes, os gastos realizados.

Excepcionalmente e cando a comisión de servicio sexa itinerante ou se realice en distintas localidades, sexa de extrema urxencia ou non exista posibilidade de utiliza-los servicios públicos ou medios facilitados pola empresa, poderase utilizar vehículo propio sempre con autorización da dirección correspondente, e compensarase e indemnizarase, neste caso, os quilómetros percorridos na contía determinada para cada tipo de vehículo, segundo táboa recollida en documentación de réxime interior da empresa.

Para ter dereito a esta percepción, o vehículo deberá estar asegurado con responsabilidade civil ilimitada.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 16º.-Retribucións.

As retribucións mensuais para cada profesional quedan determinadas polas cantidades que figuran na táboa salarial do anexo que se achega neste convenio, de acordo cos conceptos que nel se especifican.

Os tempos de presencia e posibles prolongacións de xornada do persoal de vendas e transportes de gran tonelaxe, estarán retribuídos por determinadas primas (incentivos, comisións, quilometraxe, etc.) que estarán calculadas de xeito que cubran e compensen os ditos tempos e as características propias destes servicios.

Establécese o prezo de 7,70 pesetas por quilómetro percorrido para o persoal de transporte de gran tonelaxe, conforme as rutas preestablecidas.

Artigo 17º.-Forma de pagamento.

Co fin de evita-los riscos que supón o transporte de cantidades elevadas de diñeiro en metálico, as percepcións de carácter mensual aboaranse por meses vencidos e no derradeiro día laborable de cada mes, mediante talóns nominativos ou, para o persoal que así o teña solicitado, transferencia á conta ou libreta de aforro da súa elección. Os gastos bancarios que poidan orixinarse polas ditas transferencias correrán a cargo do traballador, e a empresa obrigarase soamente nestes supostos a ordena-lo movemento bancario para que teña efectividade o derradeiro día laborable de cada mes. Calquera que sexa a modalidade de cobro, o traballador recibirá unha copia da folla de salarios e deberá asina-lo seu orixinal.

Artigo 18º.-Salario base.

Para tódolos efectos legais, denomínase e terá a consideración de salario base convenio mensual o que baixo tal concepto figura para cada categoría profesional na táboa salarial anexa, e servirá de base para o cálculo do plus de traballos nocturnos e complementos de antigüidade.

Este concepto determina e compensa a retribución do traballador fixada como unidade de tempo, sen atende-las circunstancias determinantes dos seus complementos, e retribúe o rendemento mínimo esixible.

Artigo 19º.-Complemento de antigüidade.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán un plus de antigüidade consistente en trienios do 6% do salario base respectivo cun máximo de dez.

Cada trienio comezará a percibirse o día primeiro do mes no que se cumpre, sempre que se inicie a antigüidade na primeira quincena do mes correspondente. Se o ingreso na empresa tivese lugar na segunda quincena, a percepción do trienio terá efectos a partir do día primeiro do mes seguinte ó do ingreso.

Artigo 20º.-Complementos de postos de traballo.

Plus de responsabilidade. O importe do plus de responsabilidade será para cada categoría profesional o que se especifica no anexo do presente convenio.

A categoría de vendedor especialista que non devenga este plus, percibirá a cantidade de 1.136 pesetas en concepto de plus de terminación de ruta, devengable pola terminación día a día do número mínimo de visitas da ruta, cantidade que, en unión dos outros emolumentos mencionados para o persoal de venda en automóbil (comisións, incentivos, etc.), cubrirá e compensará a posible prolongación da xornada e as especiais incidencias deste traballo, sinaladas nos artigos 10º e 39º deste convenio.

Plus de extraresponsabilidade e/ou posto de mando. Con independencia das retribucións que poidan corresponder en atención exclusiva á categoría profesional, a empresa outorgará un complemento especial a quen sexan designados e exerzan postos de mando e especial responsabilidade, en función da súa maior dedicación e responsabilidade.

Este complemento devengarase a partir da incorporación ó posto de traballo e deixará de percibirse no momento de cesar neste ou non realiza-las funcións polas que se concede, e estará suxeito ás seguintes condicións:

-Gardará íntima relación co cargo ou posto para o que se outorgue, calquera que sexa a categoría de quen o desempeñe.

-A súa contía será fixada e modificada individual e discrecionalmente pola empresa e cando, a xuízo desta, algúns dos seus perceptores non sexan acredores para percibir este complemento, poderá serlles suprimido temporal ou definitivamente.

-Percibirase exclusivamente nas mensualidades ordinarias mentres se estea desempeñando con acerto e dedicación o posto ou cargo para o que foi asignado, e non computará para ningún efecto para a fixación dos conceptos económicos que puidesen corresponder á categoría profesional do perceptor. En atención á súa especial natureza, non compensarán ou absorberán conceptos económicos que xa viñesen devengándose.

Á súa vez, tampouco terá carácter compensable nin absorbible polas futuras melloras económicas que puidesen corresponderlle ó interesado por razón exclusiva da súa categoría profesional.

En ningún caso dará lugar ó devengo de horas extraordinarias, as variacións no horario ou na duración das xornadas que poidan derivarse do cumprimento dos deberes que implican os postos de mando e especial responsabilidade.

Artigo 21º.-Plus de transporte.

Co fin de paliar no posible os gastos que se lle orixinan ó traballador nas idas e voltas ó seu centro de traballo, tanto en transportes públicos coma en medios propios, e ante a excesiva laboriosidade que orixinaría o cálculo e determinación da indemnización individual compensatoria dos gastos de transportes, tendo en conta as dispares distancias domiciliares dos traballadores en relación co centro de traballo, que

está situado nos arrabaldes, e tendo presente o cada día máis elevado custo do transporte, establécese unha cantidade media de 404 pesetas por día efectivo de asistencia ó traballo, en compensación polos gastos que poida ocasiona-lo seu desprazamento deste.

Dado o tratamento de indemnización ou suplido por gastos de desprazamento ó posto de traballo, entenderase que calquera ausencia a este, aínda que sexa xustificada, producirá automaticamente a súa non percepción.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións extraordinarias consistentes cada unha delas no pagamento de unha mensualidade do salario base máis antigüidade, vixente para a categoría profesional do traballador no mes anterior á data de pagamento. Denominaranse «paga extraordinaria de verán» e «paga extraordinaria de Nadal» e devengaranse en períodos de doce meses a contar desde o día 16 de xullo e 26 de decembro anteriores, respectivamente. A primeira aboarase o día 15 de xullo e a segunda, o día 15 de decembro.

Nos supostos de ingreso ou cese durante o período de devengo, percibiranse as partes proporcionais ó tempo traballado en cada período.

O persoal que preste o seu servicio en xornada reducida ou por horas, terá dereito ás mesmas gratificacións na parte proporcional ó tempo realmente traballado.

Artigo 23º.-Participación en beneficios.

Consistirá nunha mensualidade do salario base convenio máis antigüidade vixente para a categoría profesional do traballador, o día 31 de marzo de cada ano, data acordada para o seu cobro, e devengarase desde o día 1 de xaneiro ó 31 de decembro do ano anterior.

O persoal que ingrese ou cese durante cada ano natural, percibirá a dita gratificación en proporción ó tempo devengado no mesmo período.

Os traballadores que presten os seus servicios por horas, xornadas reducidas ou discontinuas, terán dereito a idéntica gratificación na parte proporcional que lles corresponda polo tempo real do seu servicio.

Artigo 24º.-Plus de nocturnidade.

Todo traballador que preste o seu servicio entre as 10 da noite e as 6 da mañá percibirá, por cada hora traballada neste período, un plus equivalente ó 25% sobre o salario base devengado no mesmo período.

Quedan exceptuados da percepción deste plus os porteiros, gardas, etc., que habitualmente realicen a súa función durante a noite, e aqueles traballadores expresamente contratados para traballar en xornada nocturna, cun salario que debeu ser consecuentemente valorado.

Artigo 25º.-Primas sobre domingos e festivos.

O traballador que realice xornada os domingos e festivos, agás o persoal de transporte pesado e distribución, suxeito a réxime especial, e realice o des

frute do descanso semanal compensatorio, percibirá polo traballo nos ditos días unha prima fixada no 40% da retribución correspondente ó tempo de xornada normal traballada nos devanditos días.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 26º.-Clasificación do persoal.

As clasificacións do persoal consignadas neste convenio son meramente enunciativas, non limitativas e, en ningún modo, presupón a obriga de ter previstas as prazas enumeradas cando a organización do traballo e as necesidades deste non o requiran.

A creación ou actual existencia de postos de traballo que requiran a cualificación dunha nova categoría serán obxecto de estudio en cada caso, individualmente considerado, e aplicarase para cada conceptuación, definición e determinación salarial, os termos de comparación e proporcionalidade de categorías xa definidas.

Artigo 27º.-Prestacións complementarias por incapacidade laboral transitoria.

A partir do día en que se inicie o dereito ante a Seguridade Social ou a mutua patronal para a percepción de prestacións por incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade común, accidente non laboral e accidente de traballo, e mentres o traballador se atope en situación de baixa polo dito motivo, a empresa aboará a cantidade complementaria que sexa precisa sobre o subsidio indemnizatorio da Seguridade Social para que o traballador perciba o total dos salarios pactados na táboa salarial anexa para a súa categoría, incrementados cos aumentos de antigüidade que, se é o caso, correspondan. Xunto deles, o traballador percibirá igualmente, na súa integridade, as cantidades que, en concepto de subsidio, aboe a Seguridade Social polos emolumentos variables que o traballador teña cotizados. En tódolos casos de hospitalización e na primeira e única baixa de incapacidade laboral transitoria por enfermidade común ou por accidente non laboral, a empresa retribuirá os tres primeiros

días cos salarios fixados na táboa salarial anexa para a súa categoría profesional, incrementados co complemento de antigüidade que corresponda.

Os doce días restantes para completa-los quince a partir dos que se pode inicia-lo pagamento pola Seguridade Social das prestacións relativas a incapacidade laboral, serán a cargo da empresa e retribuídos exclusivamente cos emolumentos sinalados para a categoría profesional do traballador na táboa salarial anexa e o complemento de antigüidade que, se é o caso, poida corresponderlle.

Nos supostos de baixa por maternidade e mentres dure a dita situación, a traballadora percibirá directamente da entidade xestora da Seguridade Social as prestacións que lle recoñeza o dito organismo, sen complementos de ningunha índole por parte da empresa.

En calquera caso, a dirección poderá establece-lo preceptivo informe do servicio médico de empresa para o cobro dos complementos fixados no presente artigo.

Artigo 28º.-Faltas de asistencia.

Toda ausencia deberá ser comunicada á empresa dentro da xornada de traballo na que se produza a falta e, a ser posible, con anterioridade ó inicio da xornada, salvo caso de forza maior, e deberá ser xustificado o motivo da ausencia documentalmente.

Aquelas ausencias non xustificadas fidedignamente con independencia de que poidan constituir faltas sancionables, darán lugar á perda dos haberes correspondentes ó tempo non traballado e calcularase o custo de cada hora non traballada de acordo coa seguinte fórmula:

Retribución ano

--------------------

Horas ano

Na que a retribución ano será a totalidade das remuneracións que con carácter fixo perciba o traballador no momento da ausencia e serán as horas ano as pactadas neste convenio.

Nos casos de enfermidade sen baixa, aboaranse ata tres días ó ano. Cando o traballador teña esgotados os tres días, seguirá na obriga de xustificar estas ausencias, e as faltas sufrirán a deducción mencionada para os casos de ausencias inxustificadas. O xustificante destas enfermidades sen baixa deberá indicar, sen lugar a dúbida, a imposibilidade de traballar esa xornada, e rexeitaranse as xustificacións de asistir a consulta ou outras similares.

Artigo 29º.-Axuda a fillos subnormais.

Aboaráselles a tódolos traballadores fixos do cadro de persoal unha axuda mensual de 12.000 pesetas por cada fillo parapléxico ou subnormal, que teña a súa condición recoñecida polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

Este tipo de axuda comezará a partir da data na que se solicite da empresa (sen retroactividade), sempre que fose previamente recoñecida tal situación.

Igualmente se extinguirá esta axuda por abandono ou desidia dos pais ou titores na educación e coidados do subnormal.

Artigo 30º.-Préstamos e anticipos.

Continúa vixente o fondo para préstamos sen xuro, dotado no presente convenio coa contía de 2.000.000 de pesetas, creado para atender necesidades sociais do persoal e que, en ningún caso, poderá ser superado.

A concesión dos ditos préstamos queda limitada na súa contía individual, que non poderá supera-las 70.000 pesetas e estará condicionada polos seguintes requisitos:

a) O solicitante deberá ser maior de idade ou, no seu defecto, xuntará autorizacón paterna ou de titor, os que deberán presentarse persoalmente á empresa.

b) Ter unha antigüidade superior a 6 meses no servicio á empresa.

c) Presentación de solicitude en escrito razonado tramitado ante o departamento de recursos humanos.

d) Capacidade de devolución no prazo máximo de 12 meses.

e) A orde de prelación fixarase en función das necesidades persoais e familiares das solicitudes e, para o seu efecto, teranse en conta os seguintes factores:

-Ingresos do solicitante.

-Cargas familiares.

-Situacións ou estados excepcionais.

f) Non se poderá solicita-la concesión do préstamo ata transcorridos seis meses desde a data na que se amortizou totalmente o anterior.

En materia de anticipos, o persoal ten dereito a percibir, no curso de cada mes, anticipos proporcionais ó período do mes xa transcorrido, sen que estes poidan exceder do 90% do importe do salario devengado. Co fin de racionaliza-lo labor administrativo na concesión de anticipos, estes realizaranse os días 10 e 20 de cada mes.

No caso de quedar extinguida a relación laboral, sexa cal for a causa, antes da total amortización do préstamo ou cancelación do anticipo outorgado, a empresa poderá descontar da liquidación de cesamento o importe pendente de devolución e, no caso de que esta non fose suficiente, o prestatario queda obrigado á cancelación total da débeda antes de causar baixa definitiva na empresa e, no caso de imposibilidade, negociarase o sistema de cancelación da cantidade adecuada, que sempre deberá quedar debidamente avalada.

Artigo 31º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias urxentes poden ser por:

-Forza maior.

-Non estructurais.

-Estructurais.

As horas extraordinarias que se consideran estructurais realízanse polos seguintes conceptos:

-Pedidos imprevistos.

-Iniciación ou finalización do proceso productivo ou administrativo.

-Averías en máquinas e procesos que interrompan a producción.

-Ausencias imprevistas.

-Prolongacións de xornadas que eviten a perda ou deterioro de materias primas.

-Períodos punta de producción.

-Cambios de quenda.

-As necesidades para carga e descarga ou almacenaxe de productos perecedoiros.

-Outras circunstancias de carácter estructural derivadas da actividade.

As horas que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de extraordinarias, poderán ser compensadas con horas normais por xornadas completas, e será este tipo de compensación de acordo coa lexislación vixente, sempre que haxa acordo entre a empresa e o traballador.

O módulo que se pacta para o cálculo do importe base da hora extraordinaria individual, obterase por aplicación da seguinte fórmula:

SB+CA+PE+PR

----------------

HA

Na que:

SB: salario base anual.

CA: complemento antigüidade anual.

PE: pagas extraordinarias e beneficios anuais.

PR: plus de responsabilidade anual.

HA: horas de traballo efectivo anuais.

O importe así obtido incrementarase co 75% sobre as horas que se realicen, unha vez completadas polo traballador as horas de traballo de cada xornada e en cómputo mensual.

Artigo 32º.-Premios.

Premio de iniciativas e suxerencias. Tódolos traballadores poderán elevar iniciativas e suxerencias para o melloramento do traballo ou para contribuír, dalgunha maneira, á prosperidade, prestixio e boa marcha da empresa.

As suxerencias presentaranse mediante escrito detallado e serán estudiadas polo departamento de recursos humanos, conxuntamente coa xefatura e dirección do departamento ó que afecte, os que proporán á dirección da empresa os premios ós que os traballadores sexan acredores, de acordo coa importancia da iniciativa.

Estes premios serán mínimos de 1.000 pesetas e máximos de 250.000 pesetas.

Premio de nupcialidade. Ó contraer matrimonio calquera traballador, sen distinción de sexo, con máis de seis meses de antigüidade na empresa, percibirá na nómina seguinte a que o acredite mediante o libro de familia, un premio consistente na contía de dez días de salario base máis antigüidade a que teña dereito na data da voda, e queda extinguida, de conformidade coa lexislación vixente, a caduca institución do «dote».

Premio de xubilación. Todo o persoal que cese na empresa con razón de idade ou xubilación percibirá un premio consistente no pagamento de catro mensualidades do seu salario.

Para estes efectos entenderase por mensualidade as retribucións a que teña dereito no mes anterior a que se cumpra a idade de xubilación.

Non se incluirá neste cómputo:

a) Prestacións da Seguridade Social ou melloras voluntarias.

b) Horas extraordinarias.

c) Pagamentos de vencementos periódicos superiores ó mes.

d) Incentivos, comisións ou percepcións de calquera índole non recollidas na táboa salarial anexa a este convenio.

Artigo 33º.-Axuda por defunción.

No caso de falecemento do traballador en situación de activo, a empresa aboará unha cantidade consistente en catro mensualidades do seu salario, calculadas de igual forma ca nos casos de premio por xubilación e que se lle fará efectiva ó cónxuxe sobrevivente (agás caso de nulidade, divorcio, separación xudicial con declaración de estar incurso en causa legal de separación), fillos menores de idade ou incapacitados, seguindo esta orde de prelación, ou herdeiros lexítimos.

Esta axuda será independente de calquera outra que puidese corresponderlles ós seus beneficiarios pola Seguridade Social, mutualidade ou seguro colectivo nas condicións que se pacten coa compañía aseguradora, segundo o artigo 34º do presente convenio.

O dereito ó recoñecemento da súa percepción prescribirá ó ano do falecemento.

Artigo 34º.-Seguro colectivo.

A empresa concertará con aseguradora privada unha póliza de seguro de grupo dentro do ramo de vida, con garantías para cubri-los riscos de morte, invalidez (no seu grao de absoluto e permanente) e morte por accidente, e será do dito custo sufragado na súa totalidade pola empresa.

A determinación das continxencias, riscos e capitais asegurados serán os que explicitamente figuren na póliza concertada, e ningunha responsabilidade alcanzará a empresa no caso de incumprimento por parte da aseguradora.

A empresa comunicaralle á compañía de seguros, no prazo de un mes desde o seu efecto, as altas e baixas que se produzan no seu cadro de persoal, e non se derivará responsabilidade de ningunha especie para a empresa polos posibles rexeitamentos de cobertura de traballadores nas garantías da póliza que obedezan a limitacións ou condicións previas de inclusión fixadas pola aseguradora.

Artigo 35º.-Comedor.

A empresa achega para gastos de comedor unha subvención anual de 453.000 pesetas, que se lles aboará ós responsables da xestión deste en doce fraccións por meses anticipados.

A xestión do servicio será competencia dos representantes dos traballadores, e será exclusivamente por conta da empresa a instalación dos elementos necesarios para os ditos servicios e o seu mantemento.

Artigo 36º.-Bolsa de estudios.

A empresa achegará un total de 300.000 pesetas anual para axuda escolar dos traballadores e os fillos destes que cursen estudios de EXB, BUP ou formación profesional.

A dita cantidade será repartida en partes iguais entre tódalas solicitudes que acrediten a matriculación en calquera das ensinanzas sinaladas no parágrafo anterior.

Os prazos e os requisitos para as solicitudes faraos públicos o departamento de recursos humanos no mes de xullo de cada ano, en relación co curso académico seguinte.

Artigo 37º.-Uniformidade.

A empresa facilitará, naqueles casos que considere necesario, a roupa de traballo regulamentaria.

O criterio que rexerá para a renovación de roupa de traballo, será o da necesidade desta en función da súa deterioración, desgaste ou perda, debidamente xustificada ante o xefe da sección correspondente.

A entrega de roupa farase nos meses de xaneiro e xuño, de acordo coa asignación que, respecto a cada unha das categorías, se establece a continuación:

-Persoal de laboratorio: dúas batas brancas ó ano e calzado axeitado.

-Peonaxe, mantemento, almacén: dúas fundas ó ano e calzado axeitado.

-Limpadoras: dúas batas e dous gorros ó ano.

-Persoal de fabricación: dúas batas brancas, dous gorros e dúas máscaras ó ano.

-Conductores: unha chaqueta, unha funda, dous pantalóns e catro camisas cada dous anos.

-Vendedores e vixilantes: unha chaqueta, dous pantalóns, un impermeable e catro camisas cada dous anos.

Os traballadores deberán conservar e manter en bo estado de conservación e limpeza a roupa de traballo que reciban durante o prazo máximo de duración, e comprometeranse a utilizala tódolos días durante as horas do labor no centro de traballo ou fóra del, cando a causa da saída fose en cumprimento das súas funcións. A roupa de traballo non se considerará propiedade do traballador e, para a súa reposición, deberá entrega-la peza de roupa usada.

Os traballadores que cesen por calquera causa no servicio da empresa deberán facer entrega da roupa de traballo que se lles facilitase.

Artigo 38º.-Servicio militar.

Os traballadores, que voluntaria ou forzosamente se incorporen ó servicio militar, terán reservado o posto de traballo durante o período do dito servicio e dous meses máis; todo este tempo computarase para efectos de antigüidade na empresa.

O persoal que se atope cumprindo o servicio militar poderá reintegrarse ó traballo cando teña un permiso

temporal superior a un mes, en xornadas completas ou por horas, sempre que medie, en ámbolos casos, a oportuna autorización militar para traballar, e será potestativo da empesa o dito reingreso cos traballadores que desfruten permiso de duración inferior á sinalada.

O traballador solicitará por escrito dirixido á empresa a súa incorporación, e se deixase transcorrer o prazo de 60 días naturais desde o licenciamento sen reincorporarse ó seu posto de traballo, perderá o dereito ó reingreso e quedará resolto o contrato por vontade do traballador. Perderá igualmente o dereito ó ingreso aquel que, pola súa persoal responsabilidade, lle fora alongado o seu período de servicio militar. Unha vez reincorporado ó seu posto de traballo, por finaliza-lo cumprimento do servicio militar, o traballador terá dereito a percibir integramente a totalidade das gratificacións de verán e Nadal, no seu inmediato vencemento. Tanto a paga dos beneficios coma o defrute das súas vacacións, serán percibidas polo traballador a partir do día da súa reincorporación.

Capítulo V

Organización do traballo

Artigo 39º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, tanto técnica coma práctica, corresponde á dirección da empresa, de acordo coas disposicións legais vixentes.

Son facultades da dirección da empresa en materia de organización, entre outras:

-O sinalamentos de métodos operativos.

-A esixencia do rendemento correcto e o cumprimento das especificacións fixadas para cada posto de traballo.

-A adxudicación de postos de traballo, tarefas, máquinas, ferramentas, vehículos e utensilios de traballo.

-A determinación dos niveis de calidade e normas admisibles de cada labor.

-O poder esixi-la vixilancia, atención e limpeza de máquinas e vehículos, instrumentos e útiles de traballo encomendados.

-Posibilidade de establecer sistemas de remuneración por tarefa, axustado ou da forma que fose.

-A determinación do traballo necesario para a plena ocupación do traballador, aínda que supoña tarefas de distinta categoría, sempre que sexa de carácter circunstancial, e de urxencia e necesidade constatadas.

-O realizar modificacións dos métodos, distribución do persoal, cambio de funcións e variacións técnicas de máquinas e materiais.

Cómpre distinguir, no compendio do presente convenio, tres tipos de traballo:

a) Técnicos. Baseados nas peculiares características das funcións que este tipo de persoal desenvolve,

baseadas en coñecementos específicos, alto grao de especialización e responsabilidade, o seu labor graduarase en función do concreto posto de traballo e da súa xestión global neste.

b) Traballo por tempo. Abrangue todos aqueles traballos que, sen seren especiais, se desenvolven dentro duns límites determinados de tempo. Para estes efectos, o control do tempo traballado levarase a cabo mediante fichas persoais.

c) Traballos especiais. Son aqueles que presentan características peculiares pola forma na que se desenvolve o traballo ou por seren propios ou específicos do tipo de industria.

Están abranguidos neste tipo de traballo:

1.-Transporte de camións pesados. A conducción de camións para o transporte de productos, organizarase mediante rutas que, para o efecto, establece o departamento de transportes. Ós conductores de camións pesados garantiráselles un descanso mínimo de vintecatro horas, despois de realizaren unha ruta superior a tres días.

2.-Venda en automóbil. Polas peculiaridades que o traballo de venda en automóbil presenta, xa que se desenvolve con relativa independencia, polo que o ritmo e intensidade do traballo depende en gran maneira da responsabilidade, laboriosidade e vontade do persoal ocupado nestas tarefas, fíxase como traballo determinado para realizar, o número de 60 visitas diarias, cantidade que se considera que efectúa un vendedor en condicións normais con similar gamma de productos da empresa á venda.

O traballador de venda en automóbil e transporte de camións, por non estar sometido a tempo, será controlado mediante os correspondentes informes, follas de liquidación, albarás, etc., que persoalmente emitirán os vendedores a diario e, ó termo da ruta, os conductores.

Para efectos de ocupación completa da xornada de traballo, e nos casos en que se requira, determínase e convén que os administrativos e almaceneiros destinados a un almacén da empresa, realicen tanto as funcións propias administrativas como as de almaceneiro.

Artigo 40º.-Persoal comercial.

O comportamento laboral dos vendedores e resto do persoal comercial e a súa específica normativa ou actuación, quedará reflectida no Regulamento de réxime interior da empresa.

Este persoal non está suxeito ó réxime de xornada normal establecido no artigo 10º do convenio, e realizará o seu traballo ou tarefa, que estará regulada e determinada pola empresa, en función das rutas que haxa de realizar cada empregado e respectará as disposicións laborais vixentes neste convenio.

A remuneración do persoal vendedor estará composta de dúas partes:

Unha, que se corresponderá coa marcada na táboa salarial anexa ó convenio, segundo a súa categoría

profesional, e que lle retribuirá o rendemento mínimo esixible ó traballador, esixencia que estará baseada na realización do número de visitas da ruta que se lle asigne e na consecución nela dunha venda mínima mensual ascendente a 2.000.000 de ptas.

Outra, consistente nunha prima calculada baseándoise nas comisións e incentivos á venda, que terá a consideración de complemento de cantidade e calidade de traballo e que retribuirá a especial característica deste labor, o desenvolvemento e termo da tarefa asignada, e a posible prolongación de xornada que implique a realización da tarefa encomendada.

Capítulo VI

Representación no seo da empresa

Artigo 41º.-Representación dos traballadores.

O comité da empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores da empresa para a defensa dos seus intereses.

Os membros do comité de empresa terán as funcións, atribucións, facultades e garantías que se lle recoñecen no vixente Estatuto dos traballadores, ou que se establezan en cada momento pola lexislación laboral.

As reunións do comité de empresa coa dirección celebraranse con carácter ordinario cada trimestre natural e deberá figurar na orde do día das ditas reunións a revisión da aplicación xeral do convenio, así como recibir información sobre a marcha da empresa e evolución do sector económico ó que pertence.

A empresa porá a disposición do comité un local axeitado para as súas reunións periódicas e a convocatoria a estas, así como as ausencias en uso do crédito de horas para realiza-las funcións ou xestións sindicais dos representantes dos traballadores, deberán serlles notificadas ós seus xefes respectivos cunha antelación de 24 horas, co obxecto de supli-las ausencias dos seus postos de traballo.

Facilitará así mesmo un taboleiro de anuncios para o uso dos traballadores, que regulará o comité de empresa, baixo a autorización e responsabilidade do cal se fixarán as comunicacións e información de interese laboral, logo do traslado á dirección.

A empresa recoñece o dereito dos traballadores a reunirse en asembleas e, para o seu efecto, facilitará o comedor ou local análogo para a celebración destas fóra das horas de traballo, sempre que o solicite por escrito o comité de empresa a un número de traballadores non inferior ó 10% do cadro de persoal, cunha antelación mínima de 48 horas. Do normal desenvolvemento da asemblea serán responsables os solicitantes dela.

Artigo 42º.-Seguridade e hixiene no traballo.

En cantas materias afecten á seguridade e hixiene no traballo, serán de aplicación as disposicións que conteña a ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e normativas concordantes que se atopen vixentes no momento.

Establecendo para o comité para o efecto os medios adecuados para cada posto de traballo no relativo á prevención e seguridade, será obrigatorio o uso dos ditos medios e considerarase falta grave ou moi grave a non utilización destes ou a negativa ó seu uso, así como a inobservancia por parte do traballador das normas vixentes sobre seguridade e hixiene no traballo.

En cumprimento do disposto no regulamento de manipuladores de alimentos, aprobado por Real decreto 2505/1983 do 4 de agosto, será obrigatorio por parte do persoal manipulador a observación das normas dictadas por este e a obtención, entrega á empresa e mantemento en continua vixencia do carné preceptivo para o normal desenvolvemento do traballo.

A empresa someterá anualmente os seus traballadores a recoñecemento médico con probas analíticas e exploración xeral, o cal terá carácter obrigatorio para todo traballador da empresa.

Artigo 43º

En virtude do disposto na Orde do 27-12-1994 do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, as partes acordan que o recibo individual e xustificativo do pagamento de salarios para o persoal desta empresa axustarase ó modelo pactado, cun formato e deseño que figura como anexo II ó presente convenio.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

En todo o non previsto no presente convenio, as partes sométense ás estipulacións recollidas no texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores vixente na actualidade e á normativa legal que o desenvolva.

Cláusula derrogatoria. O presente convenio anula, derroga e substitúe tódolos acordados anteriormente entre os representantes da empresa e os traballadores de Dhul, S.A.

Do mesmo xeito, quedan derrogados cantos acordos se estipulasen entre as partes con anterioridade á vixencia deste convenio ou que se opoñan ó establecido no seu articulado.

Granada, 7 de febreiro de 1995.

ANEXO I

Táboa salarial exercicio 1995

CategoríasSalario base Plus de

responsabilidade

Total anual

Almaceneiro primeiro 97.50514.9581.642.071
Almaceneiro segundo 91.655 7.2531.461.861
Asesor laboral119.08434.2262.196.972
Asist. mercadotecnia125.61443.0802.401.170
Aux. Advo. maior 84.91517.8341.487.733
Aux. Advo. primeiro 80.77813.1541.369.518
Aux. Advo. segundo 78.80111.6421.321.719
Aux. laborratorio prim. 81.30613.9601.387.110
Aux. laboratorio seg. 78.693 9.1751.290.495
Axud. laboratorio 91.70713.4501.537.005
Axud. técnico sanitario 76.234 7.6741.235.598
Axudante de almacén 81.450 7.2391.308.618

CategoríasSalario base Plus de

responsabilidade

Total anual

Axudante de fábrica 78.693 9.1751.290.495
Axudante mecánico 78.229 1.5111.191.567
Conserxe 87.34010.7501.439.100
Contramestre100.18818.6011.726.032
Chofer 92.512 9.6761.503.792
Delegado de zona124.87630.1822.235.324
Delegado primeira132.60540.4532.474.511
Delegado segunda124.87630.1822.235.324
Electricista primeira 97.29214.7491.636.368
Electricista segunda 93.380 9.5421.515.204
Encargado de sección 96.14316.4411.639.437
Inspector especial116.70640.5702.237.430
Inspector primeira111.83733.0552.074.215
Inspector segunda108.90029.1511.983.312
Xefe Admón. primeira118.09231.9542.154.828
Xefe Admón. segunda114.21926.8072.034.969
Xefe comercial127.56540.4532.398.911
Xefe de almacén130.37338.5002.417.595
Xefe de coordinación138.74751.4492.698.593
Xefe de fabricación145.41961,7682.922.501
Xefe de persoal139.27852.2722.716.434
Xefe de producto102.29519.6661.770.417
Xefe de informática130.37338.5002.417.595
Xefe de Repar./Conserv.130.37338.5002.417.595
Xefe de taller104.80417.7271.784.784
Xefe de transportes130.37338.5002.417.595
Xefe de vendas156.57290.2993.432.168

CategoríasSalario base Plus de

responsabilidade

Total anual

Xefe técnico130.74751.4492.698.593
Limpadora 78.575 8.4791.280.373
Mecánico primeira 97.29214.7491.636.368
Mecánico segunda 93.380 9.5421.515.204
Oficial Admtvo. prim.102.64721.9041.802.553
Oficial Admtvo. seg. 96.50213.7091.612.038
Oficial fábrica prim. 80.95215.7451.403.220
Oficial fábrica seg. 79.06312.0221.330.209
Oficial laborat. prim.103.75228.4101.897.200
Oficial laborat. seg. 96.17518.1431.660.341
Operador espec. prim. 90.94118.0241.580.403
Operador espec. seg. 88.98214.6701.510.770
Operador ordenad. prim. 88.34418.5191.547.388
Operador ordenad. seg. 85.26217.4621.488.474
Peón 85.937 9.1361.398.687
Peón especialista 87.30211.7541.450.578
Porteiro 86.902 7.9141.398.498
Promotor de vendas100.95125.5701.821.105
Repartidor 80.5931.208.895
Secretaria dirección102.64721.9041.802.553
Supervisor de vendas111.83733.0552.074.215
Telefonista 80.84913.5821.375.719
Vendedor especialista 89.2151.338.225
Vendedor primeira 91.29514.9311.548.597
Vendedor segunda 87.054 9.2741.417.098
Vixilante 86.902 7.9141.398.498
Visitador gandeiros 86.902 7.9141.398.498

6128