Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995 pola que se adxudican dúas bolsas de linguaxe administrativa galega.

A Escola Galega de Administración pública convocou por Resolución do 23 de maio de 1995 (DOG nº 125, do 30 de xuño) dúas bolsas de linguaxe administrativa galega.

O tribunal cualificador para a adxudicación destas bolsas, na súa reunión do 31 de agosto de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor das dúas candidatas que obtiveron a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgarlle-las ditas bolsas, a Ana Belén Fortes López e Mª Concepción Leal Gómez que obtiveron 13,37 e 11,18 puntos respectivamente.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

6022