Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 19 de setembro de 1995 Páx. 7.075

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995 pola que se adxudica unha bolsa de biblioteconomía e documentación.

A Escola Galega de Administración Pública convocou por Resolución do 24 de maio de 1995 (DOG nº 126, do 3 de xullo) unha bolsa de biblioteconomía e documentación para a execución de tarefas desta natureza na biblioteca desta escola.

O tribunal cualificador para a adxudicación desta bolsa, na súa reunión do 29 de agosto de 1995, baremou tódalas solicitudes e propuxo a adxudicación en favor da que obtivo a maior puntuación.

De conformidade coas competencias que me recoñece a normativa vixente e, á vista da proposta do tribunal, resolvo outorgarlle a bolsa de biblioteconomía e documentación a Mª del Carmen Rodríguez Veiga que conseguiu unha puntuación de 26,90 puntos.

Contra esta resolución cabe interpoñer no prazo de un mes recurso ordinario ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia (artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro), sen prexuízo da formulación do recurso contencioso-administrativo contra a resolución do devandito recurso ordinario.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración Pública

95-05931