Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 249/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: tramo I-subterráneo, desde o C.T. existente no polígono de Torneiros ata o apoio 1 da L.M.T.A. proxectada ó C.T. Zelnova. Tramo II-aéreo, desde o apoio 1 da L.M.T.S. proxectada ata o C.T. en proxecto de Zelnova. Concello do Porriño.

Finalidade da instalación: mellora-la distribución eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., a 15/20 kV, aéreo-subterránea, sendo o tramo aéreo de 175 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 sobre apoios de formigón e metélicos, e o tramo subterráneo de 70 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 3.378.617 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5814