Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.047

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 248/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: variante I-desde o apoio 11 da L.M.T. Lalín-Anzo ata o C.T. de Vilar. Variante II-desde o apoio 56 da L.M.T. Portodemouros-Cruces ata o apoio 59 da L.M.T. Portodemouros-Cruces. Concellos de Lalín e Vila de Cruces.

Finalidade da instalación: desvío instalacións por novo trazado de estrada.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 55 e 185 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e LA-110, sobre apoios de formigón.

R.B.T., aérea, de 7.215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Orzamento: 24.751.661 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 2 de agosto de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-5813