Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 18 de setembro de 1995 Páx. 7.026

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/33-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 630 kVA.

Situación: Avda. de la Constitución. Boiro.

Descripcións técnicas:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor V.H.R. 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 255 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta ó C.T. nº 1 de Boiro e remate que se vai construír en Avda. da Constitución.

Centro de transformación, tipo interior, de 630 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-06026