Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Xoves, 14 de setembro de 1995 Páx. 6.963

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/28-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15004 A Coruña.

Denominación: ampliación de dous módulos de liña na subestación de Mera.

Situación: Mera (Ortigueira).

Descricións técnicas: proxecto de ampliación da subestación transformadora de Mera de 132/20 kV e 6 MW, consistente en:

-Desmontaxe da posición actual de Cornido e montaxe da futura posición de Cornido.

-Montaxe da posición de Cedeira.

Instalaranse:

-Pórtico de acero que sustentará barras de 132 kV.

-Dous interruptores tripolares de 145 kV e 2.500 A.

-Seis trafos de intensidade 145 kV e 600-1.200 A/5-5-5 A.

-Catro seccionadores tripolares con C.P.T. e 145 kV.

-Seis trafos de tensión capacitivos.

-Unha biobina de bloqueo.

-Equipos de mando, sinalización, control e medida.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 17 de xullo de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

95-05817