Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia da Cañiza U.T.E., con domicilio en Franqueira-A Cañiza no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e un C.T. en autovía Rías Baixas Ourense-Vigo, tramo A Cañiza-Batalláns, concello da Cañiza, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu,
Autorizar á Cañiza U.T.E. a instalación de unha L.M.T. e un C.T. na autovía Rías Baixas Ourense-Vigo, tramo A Cañiza-Batalláns, concello da Cañiza.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 12 de xullo de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra
5824