Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4273 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras

Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa), con domicilio na rúa Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo, no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu, autorizar a Begasa a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña de media tensión derivación ó C.T. de Río de Campo, a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm, en apoios de formigón, de 4.086 m de lonxitude; L.M.T. derivación ó C.T de Zarro de Pedro, a 20 kV, en conductor LA-30, en apoios de formigón, cunha lonxitude de 239 m. Centros de transformación de 50 kVA, en torre metálica ó remate da L.M.T. Rede de baixa tensión, en conductor R.Z.-95-50-25, en apoios de formigón ou grampados sobre fachada, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Río de Campos, Barreiros y Zarro de Pedro, no concello da Pontenova.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 21 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5276