Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 13 de setembro de 1995 Páx. 6.937

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3071 A.T.).

Visto o expediente incoado no Servicio de Industria desta delegación provincial, a petición de Hidroeléctrica San Miguel, S.A., con domicilio para efectos de notificación na rúa Habana, 24, entrechán, 32003 Ourense, solicitando autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas. Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Hidroeléctrica San Miguel, S.A. o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Deviación do van entre os apoios números 4 e 5 da liña aérea a 20 kV denominada L.M.T. de Lavandeira (Pandrenda), intercalándolle un apoio de formigón axeitado para o ángulo que se xera; sendo a lonxitude da liña reformada de 127 metros.

Declarar a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta isntalación no poderá entrar en servicio mentres non conte o peticionario coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 27 de abril de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

95-5289