Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita, devolta polo servicio de correos por atoparse ausente nese enderezo o seu destinatario (expediente 25/1995).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido sinalados, que con esta data se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infracción á Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo R.D. do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO

Expediente: 25/1995.

Denunciado: Cunigal.

Último enderezo coñecido: Teniente Coronel Noreña, 33-Madrid.

Feitos imputados: transporta-lo día 4 de marzo de 1995, no vehículo matrícula LU-3539-H, conducido por Ángel Eiras Cascudo, mil cincocentos coellos, e carecer do documento acreditativo de te-lo vehículo dado de alta no Servicio de Sanidade e Producción Animal desta delegación provincial para o transporte de animais vivos.

Tipificación infracción: Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: artigo 52.

Precepto sancionador: artigo 215.

Cualificación infracción: menos grave.

Sanción: 15.000 pesetas.

Lugo, 7 de agosto de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

95-5726