Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.931

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona de Nigueiroá-O Ribeiro-Garabelos (Bande-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Nigueiroá-O Ribeiro-Garabelos (Bande-Ourense), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 64/1989, do 13 de abril (DOG nº 92, do 15 de maio de 1989), o seguinte:

Primeiro.-O 31 de xullo de 1995, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona de Nigueiroá-O Ribeiro-Garabelos (Bande-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa desde último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no Concello de Bande durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (R/ Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificio administrtivo San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que

se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate, e, se é o caso, a persoa residente nel a quen teñan que facerse as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 1 de agosto de 1995.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

95-5730