Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras, declaradas de urxencia do pavillón para servicio de xestión e comedor universitario da Coruña e outra máis.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto as obras, declaradas de urxencia que se citan:

1. Pavillón para servicio de xestión e comedor universitario da Coruña.

Orzamento de licitación: 175.164.275 pesetas (cento setenta e cinco millóns cento sesenta e catro mil duascentas setenta e cinco pesetas).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

2. Ampliación e reforma da Facultade de Ciencias da Coruña.

Orzamento de licitación: 204.067.950 pesetas (douscentos catro millóns sesenta e sete mil novecentas cincuenta pesetas).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación requirida: grupo C, categoría E.

Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez as catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de educación.

Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o día 25 de setembro de 1995 ás 14 horas.

Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, observarase o disposto na cláusula 8.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores: a especificada nas cláusulas 8.2, 8.3 e 8.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación: a mesa de contratación, cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería, o resultado da devandita cualificación, co fin de que se emenden, dentro do prazo que se indique, os efectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación o día 28 de setembro de 1995 ás 10 horas na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

95-5777