Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Martes, 12 de setembro de 1995 Páx. 6.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995 pola que se abre un novo prazo de presentación de proposicións económicas para a construcción de ximnasio no instituto de BUP e FP da Rúa.

Pola presente, ábrese un novo prazo de presentación de proposicións económicas para a construcción de ximnasio no instituto de BUP e FP da Rúa, de Ourense, cun orzamento de licitación de 34.661.462 pesetas, e un prazo de execución de 8 meses, unha vez emendado por resolución desta delegación o erro material e aritmético sufrido no prego de cláusulas administrativas particulares, en canto á distribución de importe das anualidades a que se refire dito prego.

O proxecto e mailo prego de cláusulas administrativas particulares rectificado estarán a disposición dos interesados na Delegación Provincial de Educación, Servicio de Contratación, rúa Concello, 13-4ª planta.

O prazo de presentación de proposicións será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación do presente anuncio no DOG.

A apertura de proposicións realizarase pola mesa de contratación ás 13 horas do día hábil seguinte, na sala de xuntas da delegación provincial de Educación e Ordenación Universitaria.

Ourense, 29 de agosto de 1995.

José Luis Muñoz Lechón

Delegado Provincial de Ourense

95-5905