Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO do 29 de agosto de 1995 da aprobación inicial da modificación do estudio de detalle aprobado definitivamente polo Concello Pleno en sesión de data 12 de xaneiro de 1994, promovida por Construcciones Alvey, S.L. e Delmiro López Vázquez.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o pasado día 17 de agosto de 1995, adoptou o acordo de aprobar inicialmente o estudio de detalle promovido por Construcciones Alvey, S.L. e Delmiro López Vázquez.

O referido expediente sométese a información pública polo prazo de quince días, que comezará a contar a partir da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto no artigo 117.3º da vixente Lei do solo, para os efectos do seu exame e alegacións pertinentes.

Redondela, 29 de agosto de 1995.

Alcalde Acctal.

Rubricado

95-05888