Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión do día 27-7-1995, acordou aprobar, con carácter inicial, o estudio de detalle formulado por Puente Bolera, S.A., instrumento urbanístico redactado polo arquitecto Alfredo Díaz Grande con visado colexial de 8-5-1995, coa finalidade de ordena-los volumes do baixo cuberta do edificio en construcción sito na avenida de Vigo, esquina rúa Fernando II e rúa transversal a ésta.

Durante un prazo de quince días, contados a patir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento deste concello (rúa Dona Teresa), a documentación aprobada e formula-las alegacións pertinentes.

Pontevedra, 14 de agosto de 1995.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

95-05887