Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a convocatoria de poxa para o alleamento das madeiras que se citan.

Por esta resolución convócase a poxa para o alleamento de madeiras dos lotes que se citan no anexo, de acordo co disposto nas ordes da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 8 de xullo de 1989 (DOG do 21 de xullo), e do 15 de marzo de 1990 (DOG do 23 de marzo).

A súa celebración terá lugar no edificio da Delegación da Presidencia de Ourense, sita na avenida da Habana número 105 (Ourense).

Para estas poxas rexerán as orde antes citadas e mailos pregos de condicións técnico-administrativas xerais e particulares destas, que figuran no expediente correspondente no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense, sita na rúa Calvo Sotelo nº 20-5º, desa cidade, onde poderán ser examinados polos interesados a partir do día da publicación no DOG da presente resolución.

As ofertas poderanse presentar -durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no DOG da presente resolución- no rexistro da Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes e en calquera das formas legalmente establecidas.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá ás once horas do nove-

no día hábil, que non cadre en sábado, contado a partir do termo do prazo de presentación das ofertas.

Cada licitador presentará os sobres pechados para cada oferta. O sobre A, coa documentación administrativa e o sobre B, coa oferta económica.

O sobre A, que contén a documentación administrativa poderá ser único para tódalas poxas que se celebren ante a mesa e na mesma sesión.

Deberá conte-la seguinte documentación:

1.-Acreditación da personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación.

2.-Os resgardos acreditativos de que están constituídas as fianzas provisionais, 2% do prezo de taxación, de acordo co disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

3.-Declaración responsable de non estar incursa en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 a 20 da Lei 13/1995, de contratos das administración públicas.

4.-Os que acrediten a clasificación empresarial do licitador.

5.-Os que acrediten encontrarse ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e da Seguridade Social imposta nas diposicións vixentes.

O sobre B recollerá a proposición económica e presentarase no modelo normalizado, que se encontra a disposición dos interesados no Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense. Cada un dos lotes deberá figurar nun sobre B individual.

O adxudicatario constituirá a fianza do 4% do prezo de adxudicación dentro dos vinte días seguintes ó da data na que regulamentariamente se lle comunique que a adxudicación é definitiva.

Dentro dese mesmo prazo deberá aboar:

1.-O importe total do remate, ou o importe do primeiro prazo, segundo se indique no prego de condicións particulares da cada poxa.

2.-O importe das taxas.

3.-Os gastos proporcionais deste anuncio.

4.-Os demais que se establezan nos pregos particulares do aproveitamento.

O adxudicatario deberá aboar, ademais das cantidades expresdas no anuncio, un 4% sobre o importe da adxudicación en concepto do IVE.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 13-XII-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-5795