Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN de 28 de agosto de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da poxa con admisión previa das obras de apertura e mellora da capa de rodadura de camiños de concentración parcelaria no concello de Mesía (A Coruña), e oito máis.

Por Resolución do 16 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada poxa con admisión previa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-las obras ás empresas:

1. Apertura e mellora da capa de rodadura de camiños de concentración parcelaria no concello de Mesía (A Coruña): X-3208 (nº 184).

Construcciones G. Sanmartín, importe de adxudicación: 9.993.055 pesetas.

2. Acondicionamento de diversos camiños de concentración parcelaria no concello de Rois (A Coruña): X-3211 (nº 185).

Jesús Castro Puente, importe de adxudicación: 45.489.000 pesetas.

3. Rehabilitación de edificio para albergar dependencias da Xunta (Mondoñedo-Lugo): X-3373 (nº 187).

Airado y Maseda, S.L, importe de adxudicación: 44.821.469 pesetas.

4. Ponte sobre o río Sarria en Céltigos (Sarria-Lugo): X-2583 (nº 189).

Construcciones Paraño, S.A., importe de adxudicación: 18.206.395 pesetas.

5. Mellora da capa de rodadura da pista que une as zonas de concentración parcelaria de Santo Andrés de Lesta e San Clemente de Mercurín (concello de Ordes, A Coruña): X-2932 (nº 190).

C.R.C, Obras y Servicios, S.L., importe de adxudicación: 8.941.886 pesetas.

6. Ponte sobre o río Xallas (Alón-Santa Comba-A Coruña): X-2949 (nº 191).

Viales y Construcciones, S.A., importe de adxudicación: 11.184.175 pesetas.

7. Mellora da capa de rodadura en camiños de concentración parcelaria nas parroquias de: Pastor, Medín, Gonzar e Lardeiros (concello do Pino-A Coruña): X-2960 (nº 192).

F. Gómez y Cía, S.L., importe de adxudicación: 26.718.000 pesetas.

8. Pontes e accesos no camiño existente entre as zonas de concentración parcelaria de Santo Adrián (Ortigueira) e Reoga (Cedeira), A Coruña: X-3106 (nº 193).

C.R.C., Obras y Servicios, S.L., importe de adxudicación: 15.420.092 pesetas.

9. Mellora de infraestructura en zonas de concentración parcelaria de Maroxo-Lama (Arzúa-A Coruña): X-3140 (nº 193).

Francisco Gómez y Cía, S.L., importe de adxudicación: 6.341.076 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

95-5770