Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Arbol (Vilalba-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Arbol (Vilalba-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente execución polo Decreto 372/1990, do 28 de xuño (DOG número 139, do 17 de xullo de 1990), que a xunta local da zona, na súa reunión do 27 de abril de 1995, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Vilalba, na cámara agraria local e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos, que os interesados poden examinar nos lugares de exposición, refirénse á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 197-1º, Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 2 de agosto de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

95-5775