Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Luns, 11 de setembro de 1995 Páx. 6.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Ourense, pola que se anuncia a publicación do acordo de concentración parcelaria da zona da Merca (A Merca-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona da Merca (A Merca-Ourense) declarada de utilidade pública e de

urxente execución por Decreto 227/1990, do 22 de xuño (DOG nº 67, do 4 de abril de 1990).

Primeiro.-O 31 de xullo de 1995, o director xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rurral aprobou o acordo de concentración parcelaria da zona da Merca (A Merca-Ourense), logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo.-O acordo de concentración estará exposto ó público no concello da Merca durante trinta días hábiles, contados desde o seguinte día ó da publicación do último dos avisos que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Terceiro.-No prazo dos trinta días que se din, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Os recorrentes poderán presenta-lo recurso na Xefatura de Estructuras e Desenvolvemento Rural (r/ Curros Enríquez, 1-6º, Ourense), ou nas oficinas centrais da consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), así como en calquera das dependencias a que se refire o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo. Para este efecto deberán expresar no escrito no que se promova a reclamación, un domicilio dentro do termo municipal de que se trate, e, se é o caso, a persoa residente no mesmo a quen teñan que facérselle as notificacións.

Advírtese, ademais, que o acordo de concentración parcelaria só poderá ser impugnado en alzada se se infrinxen as formalidades prescritas para a súa elaboración e publicación ou se non se axustase ás bases (artigos 36, 38, 40 e 41 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Ourense, 1 de agosto de 1995.

Francisco Marín Muñoz

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural

5729