Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Xoves, 07 de setembro de 1995 Páx. 6.860

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de epizootias que se cita, devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario (expediente número 78/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinala no anexo, a incoación do correspondente expediente sancionador polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Lugo.

Noméase instructor do procedemento a Mauricio Alonso Troncoso e secretaria a Mª Jesús Fernández Martínez, funcionarios desta delegación. A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, para presenta-lo descargo e documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructor e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita en Ronda da Muralla, 197, Lugo.

ANEXO:

Expediente: 78/95.

Denunciado: Enrique Pescador García.

DNI: 16.990.791.

Último enderezo coñecido: Alvira de la Sierra-H.D. 2000-Zaragoza.

Feitos imputados: Transporta-lo día 26 de maio de 1995, no vehículo matrícula ST AK 704, conducido por Michel Tonnissen, cincocentos trinta e catro porcos cun certificado sanitario que os amparaba ata Zaragoza, vendidos a Manuel Moure de Sarria, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria, e quebranto da inmobilización de 72 horas en destino.

Tipificación infracción Regulamento de epizootias:

Precepto infrinxido: 32 e 117

Precepto sancionador: 212 e 209 parágrafos 4º e 5º.

Cualificación infracción: moi grave.

Sanción: 250.000 ptas.

Lugo, 7 de agosto de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

5692